Iniciar sesión

Videoxogos en Scratch

O alumnado de segundo de bacharelato de Tecnoloxías da información e comunicación deseñaron nesta segunda avaliacion videoxogos utilizando o programa Scratch. 

Este está inspirado no xogo de móvil Preguntados e foi deseñado por Paula Torres Pedreira. Que vos divirtades!!

  

Convocatoria de bolsas e axudas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP

Admisión curso 2023/2024

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2023:

Admisión: Os pais/nais ou titores legais do alumnado de centros non adscritos, interesado en cursar estudos no IES Terra de Soneira, formalizarán a súa solicitude neste centro. Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das seguintes opcións:

 1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

 Normativa Reguladora

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Postos escolares ofertados

Entroido 2023

Este venres 17 de febreiro, celebramos o noso tradicional Entroido. Houbo chocolatada con churros, concurso de disfraces, actuación musical, partido de fútbol e moita troula.

Podedes ver as fotos no blogue das actividades complementarias, premendo no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/

 

 

Xa temos a aula de Polos Creativos montada!

Nas seguintes fotos podedes ver como quedou

   
     
   

Axudas alumnado actividades de formación en lingua estranxeiras curso 2022-2023

Orde do 18 de xaneiro de 2023, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 14 de febreiro e remata o día 13 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

O IES Terra de Soneira xa está no Metaverso!

O Departamento de Tecnoloxía creou un Metaverso do centro no que se poden ver instalacións representativas do mesmo en panorámicas esféricas. Polo de agora hai só unhas cuantas, seguiremos actualizando con máis.

Este metaverso permite un máximo de 15 persoas paseando por el que poden falar entre elas mentras están mirando as panorámicas.

Premede aquí para entrar na paxina de instalación do centro e xa o vedes. Esperamos que vos guste e o disfrutedes.

Realidade virtual no IES Terra de Soneira

No anterior trimestre o departamento de Tecnoloxía organizou un concurso no que participou o alumnado de 2º de bacharelato na materia de TIC. Este concurso consistía no deseño dun Escape room en realidade virtual utilizando o programa CoSpaces e o mellor sería elixido polo propio alumnado da materia.

Pois ben, o gañador foi Erick Rodríguez Pequeño de 2º de Bacharelato A co seu deseño Escape no temporoom, escape que podedes xogar premendo na imaxe.

Día non lectivo

Lémbrase que o vindeiro luns 5 de decembro é un dos días non lectivos establecidos polo centro e autorizado por Xefatura territorial polo tanto o centro permanecerá pechado.

Distribuir contido