Iniciar sesión

Axudas alumnado actividades de formación en linguas estranxeiras

Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Cartel informativo

Entroido 2020

Xa podedes ver as fotos do entroido deste ano premendo aquí

Concurso CIENTÍFICA MENTE

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística, está a organizar o concurso de retos científicos máis estimulante dos últimos tempos: CIENTÍFICA MENTE.

O concurso desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 30 de abril e poderá participar nel todo o alumnado do centro de forma individual ou por parellas. O reto de cada semana xunto coas bases xerais do concurso están colgados nos respectivos expositores dos edificios da ESO e Bacharelato.

Anímate a poñer a proba o teu pensamento científico!

 

PROBLEMA Nº1

PROBLEMA Nº2

PROBLEMA Nº3

Vsita a SOGAMA

O pasado mércores 19/02/2019 o alumnado de 2º ESO-A e 2º ESO-B visitou o complexo medioambiental de SOGAMA situado en Cerceda. Ademais de asistir a unha charla de educación ambiental, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer e visitar as impresionantes instalacións desta empresa pública encargada de xestionar a maior parte dos residuos urbanos producidos en Galicia

 

Probas de acceso a Ciclos Formativos de grao medio e superior

Calendario de probas de acceso a Ciclos medios e superiores de FP - Convocatoria 2020

 

Pode consultar toda a información aquí

Concurso Oscars 2020

O Departamento de Inglés organizou estes días unha "porra" entre os/as alumnos/as, para adiviñar os gañadores da gala dos Oscars 2020.  Os premiados  cunhas entradas dobres de cine foron:

   

Reserva de Praza para o curso 2020/2021

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

 Entre o 1 e o 17 de febreiro de 2020

Reserva de praza: Os/as pais/nais ou titores legais do alumnado de centros adscritos, interesado en continuar estudos no IES Terra de Soneira, presentarán no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» o formulario normalizado (ED550A). Tamén resulta posible presentar solicitudes en  Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Deberán entregar ademais debidamente cumprimentado o documento de Prematrícula do noso centro que lle será facilitado no centro de orixe ou que poden tamén descargar dende aquí:

 1º da ESO

1º Bacharelato de Ciencias

1º Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

Chef do Inframundo Ed. 2020

O concurso máis agardado do noso centro

Toda a comunidade estivo hoxe pendente dunha nova edición deste concurso larpeiro de postres de ultratumba

Realizado polo departamento de Galego en colaboración coa Biblioteca e contando coa participación dos máis pequenos


Se queredes ver as fotos premede aquí

Fase Intercomarcal de Campo a Través

O vindeiro 17 de xaneiro en Noia, celebrarase a proba clasificatoria para o Campionato Galego.

Tras as probas iniciais do 5 de decembro en Cee, resultaron clasificados @s nos@s alumn@s:

  • ALONSO DE VICENTE MARTINEZ na categoría  CADETE MASCULINO
  • LAURA BLANCO MOREIRAS na categoría CADETE FEMININO
  • JAVIER LEMA LÓPEZ na categoría  INFANTIL MASCULINO
  • LAURA CALVO ARIAS na categoría INFANTIL FEMININO


       Os nosos parabens e sorte

       ÁNIMO CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!!

Visita a AMSLab e Obradoiro de Robótica

O pasado xoves 28 o alumnado de ciencias de 1º de Bacharelato visitou os laboratorios de AMSLab en Lugo, nos que efectúan análises físicas, químicas e biolóxicas para a industria da moda, alimentación, veterinaria e farmacéutica.

E os de 4º da ESO de Tecnoloxía e TIC's asistiron ao X Obradoiro-concurso de robótica no IES de Zalaeta na Coruña.

Distribuir contido