Iniciar sesión

ACTO FIN DE CURSO 2019

O venres 21 de xuño e para rematar as actividades lectivas do noso centro, celebramos na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo, a finalización dos estudos do alumnado de Bacharelato, CS de Administración e Finanzas e CM de Xestión Administrativa. FOTOS

 FOTO: La Voz de Galicia

ReciclaMúsica

@s nos@s de 2º da ESO na materia de Música fixeron un obradoiro de creación de instrumentos reciclando elementos moi comúns nas nosas vidas. Máis probas

 

Debates electorais en Filosofía

Nestas datas de campañas electorais, @s nos@s alumn@s de 1º de Bacharelato na materia de Filosofía,  están a recrear debates políticos e así concienciar e fomentar o seu espírito crítico. Máis fotos

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 19/20, DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 (código de procedemento ED330B)

SOLICITUDE: 

Poderase presentar ata o 21 de xuño (O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro.

 Solicitude para cubrir en liña e imprimir (só Anexos I e II)

DOCUMENTACIÓN:

  • Impreso de solicitude (Anexos I e II) asinada por todos os que corresponda.
  • Fotocopia (hai que presentar o orixinal) do libro de familia. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar o día 31 de decembro de 2017 non coincide coa indicada no libro terá que presentarse documentos que acrediten os membros da unidade familiar.

IMPORTANTE: 

A final de curso os libros deberán ser entregados no centro en bo estado para facer un banco de libros. A non devolución dos libros de texto ou o seu deterioro serán causa de exclusión da participación no fondo/axudas.

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

Publicada a relación das listaxes detalladas das axudas así como as instrucións correspondentes.

Máis información en axudasle

Listaxe definitiva de alumnado admitido no curso 2019/20

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido (procedente de centros non adscritos) para o curso 2019-2020

Concurso "A Táboa Periódica e Galicia"

A UNESCO declarou 2019 como o Ano Internacional da Táboa periódica dos Elementos Químicos. No marco desta celebración, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela organiza o concurso de carteis “A Táboa Periódica e Galicia”, no que resultaron elexidos entre os 30 finalistas as alumnas de 3º da ESO: 

Nuria Capelo - Nerea Rojo - María Villaverde - Andrea Méndez (3ºA)

Alexia Canosa  - Nerea Fernández   - Andrea Capelo (3ºB)

Irán ao acto final de entrega de premios o día 24 de maio en Santiago. MOITA SORTE!!

 

Máis información:

 

http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/Tperiodica1.html

 

http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/Tperiodica.html

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

No caso de requirimento de documentación, esta poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso do seu envío por correo, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa remisión.

- Solicitudes coa documentación correcta - Anexo I

- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto - Anexo II

- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión - Anexo III

             a. Solicitudes fóra de prazo

             b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria

 

Máis información en axudasle

Kanguro Matemático e Día do Deporte 2019

Como en anos anteriores, alumnos de todos os niveis do noso centro participaron á tarde do xoves no
XXVI "Canguro Matemático Europeo"
 
 
E o venres disfrutaron dunha nova edición do "Día do Deporte"
 
 
 

Visita Dombate e Borneiro - Encontro con Rafael Lema

No día de hoxe, o alumnado de 1º ESO visitou o Centro Arqueolóxico de Dombate para coñecer de primeira man unha das expresións máis senlleiras do Megalitismo en Galicia. Ao rematar, fixemos outra parada no castro de Borneiro para realizar o recoñecemento das partes habituais dun asentamento castrexo…

 

Ademais tivemos un encontro co escritor Rafael Lema na biblioteca.

Distribuir contido