Academia

Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade, dirixido aos profesionais da orientación profesional encadrado dentro do programa Erasmus+ . Está organizado polo Ministerio de Educación, a través do Centro Nacional de Recursos para a Orientación Profesional (CNROP), en colaboración coas comunidades autónomas.

 
Destinatarios

Orientadores, profesor de FOL, coordinadores de emprendemento ou titores de viveiro en centros integrados de formación profesional, en centros onde se imparta formación profesional, en centros públicos de educación e promoción de adultos ou en centros de ensino secundario, ou ser membro dos equipos de orientación específicos da especialidade de orientación vocacional e profesional.

 
Prazas
Na presente edición a Comunidade de Galicia ten asignadas dúas prazas, unha en Estonia e outra en Romanía.

 
Duración

A duración dos intercambios é dunha semana (cinco días lectivos) incluída entre o 1 de marzo e o 31 de maio de 2015.

 
Financiamento

A contribución financeira é dun máximo de 1.000 euros por participante coa finalidade de cubrir os gastos derivados (transporte, aloxamento e manutención), que será aboada logo de finalizado o proxecto. Os gastos que excedan esa cantidade serán asumidos polos participantes.

 
Prazo

O prazo de solicitudes remata o día 31 de outubro de 2014.

 
Modelos de documentación relacionada proxecto

 

Baremación das solicitudes

Etiquetas: