Convocatoria 2021

Introdución

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2021

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Composición dos tribunais

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizado o 09/03/2021)

Listaxes da convocatoria 2021 

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2021.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2021.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

  • Listaxe provisoria
    Período de reclamación: do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
    As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao medio.
    - Instrucións para obter o código persoal de consulta
  • Listaxe definitiva

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderase presentar reclamacións contra a cualificación provisional desde o día 8 ao 11 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
    Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias
  • Listaxe definitiva
    A partir do 23 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso a grao medio en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020-2021).

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)

Etiquetas: 
Tema: