50ª edición da Feira de Mostras de Vegadeo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa —en colaboración co CIFP Porta da Auga, de Ribadeo— na 50ª edición da Feira de Mostras de Vegadeo que se realiza no Parque Ferial de Vegadeo dende o día 6 ata o domingo 9 de xuño de 2013.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode acceder o programa de actividades na web do Recinto ferial de Vegadeo.
Información de Recinto ferial de Vegadeo: contacto, horarios, localización...
Etiquetas:
Multimedia: