Primeiro Foro da Formación e Empresa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no Primeiro Foro da Formación e Empresa que se realizarou no Fórum Carballo o días 31 de maio e 1 de xuño en Carballo.
Tratouse dunha iniciativa que reunía contidos de formación e emprego ofrecendo unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.
No stand de Formación Profesional púidose informar en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode acceder e/ou consultar o tríptico e o cartel informativos nos seguintes enlaces:
- Tríptico
- Cartel
Etiquetas:
Multimedia: