III Xornadas de Orientación académica e profesional. Álbum fotográfico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou nas III Xornadas de Orientación académica e profesional que se realizaron no Auditorio Municipal de Cangas o 20 e 21 de febreiro de 2013.

As xornadas estiveron dirixidas tanto a profesionais da educación como a alumnado de 4º da ESO, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior e alumnado de educación de adultos.

Participaron nas xornadas o IES As Barxas (Moaña), o IES A Paralaia (Moaña), o IES Illa de Ons (Bueu), o IES Johan Carballeira (Bueu), o IES María Soliño (Cangas), o IES Monte Carrasco (Cangas), o IES de Rodeira (Cangas) e o CPI do Toural (Vilaboa).

Nunha 2ª parte -os días 14, 15 e 16 de abril- o alumnado dos centros implicados visitarán o IES A Paralaia (Moaña) e o IES Johan Carballeira (Bueu), para coñecer a súa oferta de Formación Profesional.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • III Xornadas de Orientación académica e profesional

Multimedia: