V Xornadas de Orientación Académica e Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa nas V Xornadas de Orientación académica e profesional que se realizan no Auditorio Municipal de Cangas o 24 e 25 de marzo de 2015.

As xornadas están dirixidas, nesta primeira fase tanto a profesionais da educación como a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato.

Participan nas xornadas o IES As Barxas (Moaña), o IES A Paralaia (Moaña), o IES Illa de Ons (Bueu), o IES Johan Carballeira (Bueu), o IES María Soliño (Cangas), o IES Monte Carrasco (Cangas), o IES de Rodeira (Cangas) e o CPI do Toural (Vilaboa).

Nunha 2ª parte -os días 20, 21 e 22 de abril- o alumnado de 4º da ESO e da formación profesional básica dos centros implicados visitarán o IES A Paralaia (Moaña) e o IES Johan Carballeira (Bueu), para coñecer a súa oferta de Formación Profesional.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • V Xornadas de Orientación Académica e Profesional
  • V Xornadas de Orientación Académica e Profesional
  • V Xornadas de Orientación Académica e Profesional
Multimedia: