Convocatoria de programas eduemprende en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social

Publicada a Resolución do 23 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar en varios programas enmarcados dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia Eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22, e desenvoltos en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: