Previsel 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Previsel, o 8º Salón da prevención e a seguridade laboral que se realizará en Expourense os días 25 e 26 de abril de 2013.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dual

Pode acceder o programa de actividades na web de Previsel.

Información de Expourense: contacto, horarios, localización...