Xantar 2013. Salón Galego de Gastronomía e Turismo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará en Xantar 2013, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa décimocuarta edición do 6 ó 10 de marzo de 2013 e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. Na feira participaron o CIFP A Farixa e o IES Vilamarín.

No stand de Formación Profesional poderá atopar información e recibir orientación en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional.
  • Emprendemento.

- Máis información do evento en: http://xantar.org/