Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 9 de xullo ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.

Etiquetas: