Leonardo

O programa Leonardo da Vinci vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

O Programa Leonardo da Vinci subvenciona, entre outras, as siguientes accións descentralizadas:

  • Proxectos de mobilidade, que poden incluir:
- Estadías transnacionais en empresas ou centros de formación para estudantes de Formación Profesional inicial (IVT Initial Vocational Training).
- Estadías transnacionales en empresas ou centros de formación para titulados de formación profesional no mercado laboral (PLM People in the labour market).
- Estadías e intercambios - Mobilidade para profesionais da educación e Formación Profesional (VETPRO Vocational Education and Training Professionals).
  • Proxectos multilaterais de transferencia de innovación.
  • Asociacións Leonardo da Vinci.
  • Visitas preparatorias.

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

 

Etiquetas: