Resolución de avaliación de estadías formativas 2017

Resolución de avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Ver a resolución de avaliación

Curso "Aprender a emprender. Como educar o talento emprendedor"

O día 11 de xaneiro de 2018 dará comenzo no CAFI, en Santiago, o curso "Aprender a emprender. Como educar o talento emprendedor". Os interesados en participar poden inscribirse a través de fprofe antes do día 15/12/2017.

Referencia do curso: G1701088.

Etiquetas: 

Convocatoria de eduemprende Actúa 2017/2018

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 "Sensibilización e motivación" que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Etiquetas: 

Convocatoria Programa Lanzadeiras Lugo 2017-18

O programa Lanzadeiras Lugo desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa nos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 

Convocatoria Programa Lanzadeiras Coruña 2017-18

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa nos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 

Programa Medra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o programa Medra, que se desenvolve dentro do marco do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia (Plan Eduemprende).

Esta acción desenvolverase en catro obradoiros (un por provincia) impartidos por Anxo Pérez, CEO e fundador de 8Belts.com. Emprendedor natural de Fisterra (A Coruña), a súa paixón pola aprendizaxe e o aproveitamento dos propios talentos marcan a súa ampla e diversa traxectoria profesional.

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 4 de outubro de 2017 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 3 de maio de 2017.

Etiquetas: 

Participación da FP galega en WorldSkills Abu Dhabi 2017

Silvia Folgueira Rico e Miguel Paz Pena, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no SpainSkills 2017, nas especialidades de Pintura do automóbil e Tecnoloxía do automóbil, respectivamente, participan no Campionato Mundial de Formación Profesional WorldSkills 2017, en Abu Dhabi.

Nesta 44 edición do certame participan 1252 competidores de 58 países diferentes, en 51 skills ou especialidades.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Carnés profesionais. Datas e material de consulta permitido. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicadas as datas de celebración das probas da convocatoria extraordinaria de 2017 de carnés e habilitacións profesionais, así como o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Distribuir contido