Fundación CTC. Convocatoria de probas de selección

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) convoca cinco procesos selectivos para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de cooperación con empresas.

A titulación mínima requirida é a de título de técnico superior das familias profesionais Agraria, Química ou Industrias alimentarias segundo o proceso selectivo.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Fundación www.ceteca.net e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (D.O.G.) deste anuncio.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de marzo ás 14:00 horas.

Etiquetas: