Saídas profesionais

A obtención do título profesional básico e dos títulos de técnico ou técnico superior, permite a incorporación da persoa ao mercado laboral.

O título profesional básico, ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos de FP Básica sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de xeito autónomo e que pode levar consigo a asunción de responsabilidades dentro dunha organización produtiva.

Nos currículos de cada ciclo formativo descríbese o contorno profesional onde a persoa titulada pode exercer o seu labor, ademais de indicarse as ocupacións e os postos de traballo máis salientables para exercer a súa profesión.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, consciente da importancia que ten para  a mocidade galega unha axeitada formación e orientación profesional, considera que o coñecemento dos datos relativos á inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional debe ser un referente para as persoas na toma de decisións.

Co obxecto de realizar o seguimento da incorporación ao mundo laboral das persoas tituladas de formación profesional, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades realiza, periodicamente, estudos de inserción laboral.

Na seguinte ligazón pódense atopar os resultados dos últimos estudos realizados.

Tema: