BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE

.

O venres 15 de novembro a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela acollerá a xornada formativa BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do seu programa BIBLIOTECA INCLUSIVA, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado.

Asistirá profesorado vinculado á biblioteca escolar de centros públicos e concertados de educación especial, de centros con unidades específicas de atención a alumnado NEAE, así como centros de escolarización preferente, especificamente convocados pola dirección xeral organizadora. Ampliouse a posibilidade de asistencia a profesorado dos departamentos de Orientación destes centros. En total unhas 230 persoas compartirán experiencias e participarán das charlas e talleres previstos no programa que prevé a intervención, entre outros, de Susana Peix, bibliotecaria especialista en accesibilidade e inclusión; Rosa Piquín, experta en materia de bibliotecas escolares e atención da diversidade, e Blanca Mata, xornalista e coordinadora da Asociación "Lectura Fácil Euskadi".

Os talleres correrán a cargo de Paola Guimeráns (Libros pop-up e circuítos), Blanca Mata (Lectura fácil), Felo Couto (Recursos tecnolóxicos e atención da diversidade) e Susana Peix (Unha colección para a biblioteca inclusiva).

Compartirán a súa experiencia no ámbito da atención á diversidade desde a biblioteca escolar os responsables das bibliotecas do CEIP Escultor Acuña, IES Valadares, CEE Manuel López Navalón e CEEPR Juan María.

 

PROGRAMA
PROGRAMPOR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA (documento descargable)

 

15 de Novembro - 21 de Novembro

Lectura fácil: diversidade, inclusión e accesibilidade na lectura

Blanca Mata Fauri. Xornalista. Lectura fácil Euskadi

.

Páxina "Lectura fácil Euskadi.
Presentación Blanca Mata Fauri

 

22 de Novembro - 28 de Novembro

Materiais e propostas para a inclusión a través da biblioteca escolar.

Rosa Piquín Cancio. CEIP Veneranda Manzano – Universidade de Oviedo

.

Páxina Biblioteca Escolar - CP Veneranda Manzano.

Presentación Rosa Piquín

29 de Novembro - 5 de Decembro

Mesa de experiencias

Ana Rosa González García. CEEPR Juan María (Nigrán, Pontevedra)

Rosa María Cameselle Fernández. CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra)

Asunción Carballo Rodríguez. IES Valadares (Vigo, Pontevedra)

Manuel Andrade Vallo. CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela, A Coruña)

Páxina CEEPR Juan María (Nigrán)
Páxina do CEIP Escultor Acuña (Vigo)
Páxina IES Valadares (Vigo)
Páxina CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)
Presentación Ana Rosa González García 

Prsentación Asun Carballo
Presentación Manuel Andrade Vallo
Presentación Rosa María Cameselle Fernández

6 de Decembro - 12 de Decembro

Biblioteca inclusiva. Resultados enquisa. Coloquio

Asesoría de Bibliotecas Escolares

.

Biblioteca Inclusiva. Presentación da Asesoría

 

13 de Decembro - 19 de Decembro

Obradoiro e-téxtil: Libros, pos-up e circuítos.

Paola Guimeráns. Doutora en Belas Artes. Experta en e-téxtiles aplicados á educación

.

Páxina de Paola Guimeráns

AulaSTEAM (Paola Guimeráns)

 

20 de Decembro - 26 de Decembro

Adaptación de textos a LF (Lectura fácil)

Blanca Mata Fauri. Xornalista. Lectura fácil Euskadi

Taller Blanca Mata Fauri

 

27 de Decembro - 2 de Xaneiro

Recursos tecnolóxicos e atención á diversidade

Felo Couto (CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA, A Coruña)

Páxina CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA (A Coruña)

 

3 de Xaneiro - 9 de Xaneiro

Unha colección para unha biblioteca inclusiva

Susana Peix Cruz. Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú

.

Páxina de Susana Peix ficheiro.

Presentación Taller Susana Peix

10 de Xaneiro - 16 de Xaneiro

Conferencia: Bibliotecas escolares inclusivas e accesibles paso a paso

Susana Peix Cruz. Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú

Conferencia Susana Peix

17 de Xaneiro - 23 de Xaneiro

Lecturas no Canmiño

Marta Jaquet. Psicoterapeuta con cans

Fran Varela. CEIP Lamas de Abade, de Santiago de Compostela

.

Páxina de Marta Jaquet

Blog Biblioteca CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

Presentación Lecturas no Canmiño

24 de Xaneiro - 30 de Xaneiro