4º Curso

CODE WEEK 21

Un ano máis estamos na CODE WEEK 21, con moitas ideas e gañas de aprender xuntos co alumnado doutros países e colexios.

Seguimos tendo gañas de adquirir competencias Tic, linguaxe de programación, robótica, steam...toda unha manchea de proxectos e ideas a levar a cabo nestas dúas semanas do 9 ao 24 de outubro.

Empezamos co cartel de saída, o oficial e o feito e deseñado por nós, que logo empregaremos para linguaxe codificado...

Este ano preséntasenos un curso cheo de emocións por iso a nosa primeira actividade está basada na FELICIDADE de APRENDER!!

 

 

 

GALICIA FUTURA 29-9-21

 

Este primeiro trimestre do curso dende o Gaiás levan a cabo un completo programa didáctico composto tanto por visitas en liña como por visitas presenciais á exposición Galicia Futura. Nós inscribímonos neste programa para unha visita en liña o dia 29 de setembro.

Arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade son algúns dos eidos do coñecemento presentes na exposición que activarán no alumnado a capacidade de reflexión e análise sobre como imaxinan a Galicia do futuro. Porque pensar no mañá provoca ilusión, e aínda mais se falamos dase coas persoas que son o futuro de Galicia.

Onde imos vivir no futuro? Que avances está a haber na ciencia galega? Como será a arte do futuro en Galicia? Como soará a nosa música? Son só algunhas das preguntas das que procuramos as respostas nesta actividade na que o alumnado poido ademais presentar as súas inquedanzas e reflexións sobre estes temas.

Unha exposición desafiante e provocadora, na que participan nomes como Marta Pazos, Oliver Laxe, Estíbaliz Espinosa e Rubén Ramos Balsa, man a man con destacadas mostras da innovación desenvolvida desde empresas, universidades e organismos de investigación públicos e privados do país. Obras de Maruja Mallo, fusión musical de as Tanxugueiras...

  

Trátase de pór en marcha a regra das 3R: REPARA, RECICLAR E REEMPREGAR, coidar as tradicións e nosa IDENTIDADE.

Queremos un futuro prometedor e san, onde os nosos investigadores e investigadoras en todos os ámbitos sexan capaces de crear unha

 GALICIA FUTURA.

 

 

QUE DEBUXO NAS TUAS COSTAS?

Un crería que é sumamente doado e que calquera podería facelo sen dificultade, pero... NON É ASÍ!!!  Fáltanos coordinación!

Por parellas e cun material moi sinxelo: un lapis, un folio branco e o teu dedo que se vai deslizar debuxando nas súas costas. O obxectivo da actividade e sentir esas coordinación ...se a hai!!!

Terás que reproducir no papel o que che debuxou o compañeiro/compañeira nas tuas costas.

Pasámolo moi ben e rir rimos un cacho!!!

 

INICIO DUNHA NOVA AVENTURA CHEA DE EMOCIÓNS

Xa estamos de volta para iniciar un curso moi cheo de EMOCIÓNS: alegría, tristeza, melancolía, euforia, medo...un sinfín delas que iremos recoñecendo e aprendendo a controlar.

No cuarto curso de EP temos un lema:

Coñece as tuas emocións e feliz!

que plasmamos nun mural de aula que tentaremos ir completando no noso día a día en diferentes idiomas como galego, castelán, francés, inglés e portugués. 

 

Empezaremos cun fermoso poema de OG Mandino, poeta e psicólogo estadounidense 

Dueñ@ de mis emociones

Hoy seré dueñ@ de mis emociones.

Si me siento deprimid@, cantaré.
Si me siento triste, reiré.
Si me siento enferm@, redoblaré mi trabajo.
Si siento miedo, me lanzaré adelante.
Si me siento inferior, vestiré ropas nuevas.
Si me siento insegur@, levantaré la voz.
Si siento pobreza, pensaré en la riqueza futura.
Si me siento incompetente, recordaré éxitos del pasado.
Si me siento insignificante, recordaré mis metas.

Hoy seré dueñ@ de mis emociones.

Si se apodera de mí la confianza excesiva, recordaré mis fracasos.
Si me siento inclinad@ a entregarme con exceso a la buena vida, recordaré hambres pasadas.
Si siento complacencia, recordaré a mis competidores.
Si disfruto de momentos de grandeza, recordaré momentos de vergüenza.
Si me siento todopoderos@, procuraré detener el viento.
Si alcanzo grandes riquezas, recordaré una boca hambrienta.
Si me siento orgullos@ en exceso, recordaré un momento de debilidad.
Si pienso que mi habilidad no tiene igual, contemplaré las estrellas.

En definitiva, hoy seré dueñ@ de mis emociones.

 

Ademais da elaboración dun marcapáxinas que nos acompañará neste curso cando nos adentremos no mundo das emocións a través da lectura…

 

NOVAS DO DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

Novamente somos reporteiros do noso xornal a Marela e tocounos cubrir a nova do 23 de abril, un día moi destacado...

SAMAÍN 2015

E por fin chegou o día!!!!!!

Esqueletos e máis esqueletos!!!!!!


 

 

Un Planeta para todos!

Powered by Drupal - Design by artinet