Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

Os Xeranios do Señor Alfonso

Os Xeranios do Señor Alfonso.

Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF Deseño e realización dos bonecos: Carlota Álvarez. Animación e decorados: Álex Pico e Carlota Álvarez. Animadores secundarios e decorados: Alejandro Fernández, Raúl Gallego, Alicia Nogueira e Nieves Calviño. Animación Adicional: Susana Freire e Valentín Castellano Atrezzo adicional: Patricia Fernández Axudantes: Adrián González, Gabriel Teixeira, Gabriel Iglesias e Xiana Vázquez. Voces: Marco - Álex Pico Señor Alfonso - Jose Ramón Rodríguez Nai - Nieves Calviño Música: Cuarteto para piano de Robert Schumann. Interpretado por Musicians from Marlboro. Música Trailer: Antonio Saco Agradecemento especial aos nosos amigos Iván e Marcos. Guión: Álex Pico, Carlota Álvarez, Nieves Calviño e Paula V. Carral. Corrección de guión: Paquita Manso Dirección e montaxe: Dávid González Gómez

 

Making off: Os Xeranios do Señor Alfonso.

Na casa de Rosalía

Visitando A Matanza, casa de Rosalía de Castro e o Castro de Baroña na excursión de fin de curso do Clube de Lectura do Cole de Cea.

Visita aquí a galería.

A PRIMAVERA EN INFANTIL

Xa é primavera, dentro e fóra da aula. Canta o cuco e as flores comezan a saír ó ver o sol. Na aula de cinco anos os nenos e nenas reflexan a primavera no seu mural

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE XADREZ POR EQUIPOS

O domingo día 8 de Maio tivo lugar o Campionato Provincial Escolar por Equipos, na categoría Alevín (alumnado dos cursos de 5º e 6º de primaria), foron 6 os equipos participantes (Virxe da Saleta; BenChoShey, Xadrez Ourense, San Pío X; Escola Ourense e San Cibrao) compostos por un total de 38 xadrecistas. O noso equipo estaba representado polo alumnado (Uxía Álvarez Pérez de 6º de primaria, Nerea Ledo Janeiro de 6º de primaria, Lucía Diéguez Vázquez de 5º de primaria, e completouse o equipo, con Luango Alonso Leite e Jacobo Álvarez Feijóo, ambos de 2º de primaria) e era a súa primeira participación neste tipo de torneos. Todos eles disfrutaron dunha tarde de xadrez enfrentándose con outros nenos e nenas da nosa provincia, con moita experiencia neste tipo de competicións e outras de carácter nacional, pero todo o noso alumnado desenvolveu unha gran actuación, sumando todos eles algún punto, quedando nun quinto posto, (con 8.5 puntos) e a só 5 puntos do segundo clasificado.

É de resaltar a nobreza das nosas xogadoras, que a parte de competir e xogar ben ao xadrez, axudaban aos rivais que tiñan enfrente, cando se lle esquecía pulsar o reloxio. Grazas a todos os pais e nais, que fixeron que os seus fillos e fillas, puideran participar neste torneo e ter unha experiencia positiva máis nas súas vidas.

 

A PRIMAVERA EN INFANTIL

Coa chegada da Primavera o Edificio de Infantil engalanouse para a ocasión. Os peregrinos ocupan as paredes do Edificio seguindo a línea do proxecto de Centro "Faise o Camiño".

CORRELINGUA 2016

Un ano máis, o Cole de Cea participou nesta festa pola lingua ao seu paso por Ourense. Este ano non fomos correr...fomos camiñar!!!!! Porque estamos desenvolvendo o proxecto "Faise o Camiño". Así que, xa sabedes: "FAISE O CAMIÑO AO FALAR".

SAÍDA DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA A "APÍPOLIS"

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria tiveron o pasado venres unha saída a Pontevedra, concretamente visitaron "Apípolis". Alí coñeceron o mundo das abellas. Velaquí unha mostra

 

XOGANDO AO BALONMÁN

O pasado mércores 20 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria acudiron a unha nova cita de XOGADE xunto cos seus compañeiros e compañeiras da comarca do Carballiño. 

Esta vez disfrutaron dunha xornada de Balonmán, velaquí algunhas imaxes da mesma

 

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

 

CELEBRANDO O DÍA DA ÁRBORE DA "INSUA DOS POETAS"

O pasado 7 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO celebramos o Día da Árbore na "Insua dos Poetas" (Carballiño). Foi unha xornada moi proveitosa!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut