Skip to Content

contador gratis para blog

Lingua e Literatura Galega

Arte BDieval

A banda deseñada é unha arte autónoma con máis de cen anos de vida e abondosos precedentes, que nos últimos tempos asiste ao auxe do seu recoñecemento como parte lexítima da cultura internacional. A maiores, en Galicia, unha destaca fornada de autores e autoras está a levar esta arte a límites creativos e de éxito nunca vistos no país. Dentro deste contexto, a Asociación Cultural BD Banda en colaboración coa Associaçom Galega de Lingua promoven a exposición: As Cantigas de Santa María, arte Bdieval, que poderedes gozar a partir de hoxe na biblioteca do centro.

As cantigas na TVG

A Revista da Tarde, programa da TVG emitido o luns 17 de decembro recolleu a nova da publicación do noso libro Cántame e Cóntame Avoa. Na noticia podedes escoitar aos profes e aos alumnos falando e tamén ao señor Eladio de Confurco abraiado coa repercusión mediática das súas cantigas. Picade directamente no minuto 19:37

A emoción de volver á túa escola

A quen non lle ten pasado voltar á casa onde viviu de pequeno, á escola onde estudou, ao parque onde xogou... e lembrar. Decatarse de que todo é máis pequeno, activar os pequenos recordos, os sons, os cheiros, as cores, as formas. Descubrir como detrás dese recanto segue estando aquelo que ten que estar. Así lle aconteceu á xornalista e ex-alumna do noso centro Fátima Fernández o pasado 15 de novembro cando acudiu como representante da xeración de alumnado que recolleu as cantigas do noso libro. E de regalo deixounos este marabilloso e emocionante texto. Para todos os que non puidestes estar e máis para todos os que o queredes ler de novo, aquí vos vai.

CONCURSO DE CARTACES E MARCAPÁXINAS 2012

Parabéns rapaces/as!!

Alumnos gañadores da "IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego", para ver o debuxo preme no nome do/a alumno/a:

Samuel Nogueira (Infantil, 5 anos)

Alejandro Fernandez (4º EP - 2º Ciclo de Primaria)

Loly (2º Ciclo da ESO)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut