Skip to Content

contador gratis para blog

PCPI

NAS NOSAS MANS

Las Olimpiadas Más Animales. Proxecto Nas Nosas Mans. Explicar un proxecto como este a toda a comunidade educativa é un dos retos que nos plantexamos xa ao inicio, dous cursos atrás. En que se diferencia este, doutros proxectos anteriores? En que o plantexamento de base parte de ceder todo o protagonismo ao alumnado. Non só como mero receptor dos contidos se non como productor dos mesmos. Dende a elaboración do texto teatral, as correccións e valoracións dos mesmos. A dramaturxia e posta en escea, construcción do teatro e monicreques, dirección, producción, planificación dos ensaios, interpretación, escenografía.. Todo recae "nas súas mans". Cumprimos así a máxima da aprendizaxe por competencias: SABER, SER FACER. Traballamos o curriculum de tecnoloxía, lengua castellana, música, plástica e competencias como a social, cultural, lingüística, artística, a iniciativa e autonomía persoal. Como resultado deste estilo de aprendizaxe o nivel de motivación e implicación do alumnado aumenta ao sentirse non só parte se non centro de todo o proceso de aprendizaxe. Enfróntanse a un reto real que esixirá o mellor de todos eles. Algo que vai máis alá de superar unha asignatura: poñer a andar unha compañía teatral infantil que ten que estrear unha obra con data e lugar concreto. Iremos colgando na web e nas redes sociais vídeos de todo o camiño ata aquí e tamén, por suposto, o resultado.

LETRAS GALEGAS 2014

Na vindeira semana conmemoraremos as "Letras Galegas 2014", que como xa sabedes, celébranse o 17 de maio (sábado). Este ano adícase a Xosé María Díaz Castro.

O Entroido é Carnaval - O Vídeo

A grande festa do Entroido

E por fin chegou o grande día. Todo o traballo das familias cosendo os disfraces e buscando latas sobre as que percutir. As nenas e nenos ensaiando, construíndo e decorando as baquetas. Todo o profesorado implicado na decoración, vestimentas, ensaios e organización. Todo elo para poder pasar unha tarde feliz ao son da música e gozando do espírito máis entroideiro. Velaquí unha boa mostra delo, unha galería de imaxes que testemuñan un día de celebración e cor.

 

O Mapa das Emocións

Un ano máis celebramos  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lembraredes que o ano pasado o noso leit motiv foi a Alegría. Cantamos aquela bonita canción de Sergio Tannus xuntos na entrada do colexio acompañados ao piano pola profe Anna Bosak. Nesta ocasión afondamos na mesma idea: a felicidade. A comunidade escolar do CPI Virxe da Saleta estamos convencidos de que a mellor maneira de convivir en paz os uns cos outros é estar felices. Querer e deixarnos querer. Sentir os afectos dos que nos rodean. Os coidados e os sentimentos son a chave para unha convivencia pacífica en sociedade. Na escola, na casa, no pobo, no país e no mundo. Só tecendo eses fíos que nos unen a unhas persoas coas outras seremos capaces de construir a paz. Por iso o traballo deste día é o #MapadasEmocións. Unha narración oral acompañada coa preciosa música de Ludovico Eunaldi onde o alumnado do centro conta que é aquelo que lles fai felices, que lles fai sentir ben, sentirse queridos polos demais. Agardamos que a súa escoita sirva de inspiración para todos. Sobre todo para os maiores, que nunca deixaremos de aprender das palabras sabias dos pequenos.

 

MIAR. Escoitando o espazo

 

Comezamos o proxecto MIAR este curso no CPI co impulso e axuda do grupo de Radioafeccionados ourensán cacharreo.es. Despois da visita que realizaron o curso apsado ao noso centro para construir a radio galena plantexáronos para este curso esta nova idea de contruir un radiotelescopio. Un equipo de 14 alumnos e 4 profes comprometémonos a levalo adiante planificando, deseñando, contruíndo e documentando o proceso. Ímosvos manter informados dende a web do centro e tamén dende o blog do proxecto MIAR. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia ao ser a primeira vez que, seguindo as pautas do BIG EAR de Ohio, se constrúe un radiotelescopio destas características. Ao equipo de profes Maite, Valentín, David e Conchi súmase o grupo de alumnos formado por: Documentación gráfica: Pamela, Irene, Sandra e Victoria. Documentación de blog: Inés e Guillermo. Deseño: Aarón, Iván, Diego, Alejandro e Florindo. Construcción: Anxo, Santiago e Christian. Relaccións públicas: Irene e Sandra. Todos eles alumnos de 3º e 4º da ESO.

Estamos moi ilusionados e agardamos contaxiarvos o entudiasmo que temos por empezar xa a traballar e… ¡ter éxito! ¡MANS Á OBRA!

Alegría!!

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia 2013 celebrado no CPI Virxe da Saleta. Celebramos a alegría. A alegría de estar xuntos, de compartir a nosa vida neste centro escolar. Coa forza da felicidade pódense derrubar os muros das inxustizas e da pobreza. A nosa ledicia pode cambiar o mundo. E que mellor xeito de amosalo que cantando todos xuntos esta canción tan bonita do brasilego Sergio Tannus. A canción aparece no disco María Fumaça editado por Galaxia.

Funcións dos seres vivos

Aquí temos unha páxina moi interesante para traballas os contidos de ciencias.

Biosfera

Fraccións

Operacións con fraccións

Aquí temos algunha ligazón para traballar con fraccións:

Fraccións - iniciación

Exercicios 1

Exercicios 2

Distribuir contido


by Dr. Radut