DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:
Posted Outubro 7th, 2022 by profe15
Moi bo día a todos e todas!
Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco de máis actividades culturais para facer nestes días, neste caso, relacionadas co Concello de Tui (achegámoslles dúas imaxes-resumo das mesmas). Esperamos que lles resulten de interese:
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:
Posted Outubro 2nd, 2022 by profe15
Moi bo día a todos e todas!
Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles unha información que nos achegaron en relación a diversas actividades que poden realizar en familia. Onde? concretamente son do Concello de As Neves, baixo o slogan: “OUTONO EN GALEGO´22”. Agradecemos dita achega e esperamos que lles resulten de interese:
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:
Posted Septembro 28th, 2022 by profe15
Moi bo día a todos e todas!
Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos darlles unha cariñosa benvida a este novo curso, cheo de moitas novidades e sorpresas, no que teremos o pracer de acompañalos.
Neste espazo achegarémoslles ás novidades e ás actividades culturais da contorna próxima; proporémoslles curtas, textos, imaxes, etc. Dito de outro modo, facilitarémoslles aqueles recursos que consideremos de interese para fomentar o uso da nosa lingua galega na nosa comunidade educativa.
Agardamos que nos visiten e que desfruten das nosas propostas. En calquera caso, tamén estamos abertos a recibir as súas achegas e/ou comentarios na seguinte dirección:
aragontanormalizacion@gmail.com
Moitas grazas de antemán pola súa colaboración e… unha grande aperta!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
O REFRANEIRO
Posted Xuño 13th, 2022 by profe8Chegados ao final deste curso, aquí tedes a compilación dos refráns dos meses do ano. As propostas feitas por este equipo e as aportacións das familias que colaboraron nesta actividade.
Grazas pola vosa axuda.
Boas vacacións
O EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OS MAIOS
Posted Xuño 13th, 2022 by profe8Este ano para conmemorar a festa tradicional dos maios, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos as aulas facer alfombras florais.
As cativas e cativos participaron activamente no deseño e realización da actividade.
Fixeron auténticas OBRAS DE ARTE, como podedes comprobar neste vídeo.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REVISTA BADALADAS 2021-2022
Posted Xuño 7th, 2022 by profe20AGORA QUE ESTA A REMATAR O CURSO, O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, VOS PRESENTA UNHA NOVA ENTREGA DA NOSA REVISTA ESCOLAR, A REVISTA BADALADAS.
COMO CADA CURSO, CADA AULA OU ESPECIALIDADE COMPARTE UN POUCO DA SÚA ACTIVIDADE. QUEREDES BOTARLLE UN OLLO? POIS, VELAÍ VAI
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REFRÁN XUÑO
Posted Maio 23rd, 2022 by profe8Bos días familias:
Aquí tedes o último refrán deste refraneiro escolar que estivemos facendo durante todo o curso.
Pronto colgaremos nesta páxina un video recompilatorio cos nosos refráns e as vosas aportacións.
Aínda estades a tempo de mandar refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com
Moitas grazas
O EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Posted Maio 13th, 2022 by profe8O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Florencio Delgado Gurriarán, poeta valdeorrés.
Aqui vos deixamos un pequeno vídeo resumo da súa biografía feito polo EDLG do CEIP de Seixalvo en Ourense.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REFRÁN DO MES DE MAIO
Posted Abril 26th, 2022 by profe8Bos días
Por aqui deixámosvos a nosa proposta de refrán para o mes de maio.
Saúdos
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
REFRÁN DE ABRIL
Posted Marzo 22nd, 2022 by profe8Aquí vos deixamos s nosa proposta de refrán para o mes de abril.
Como xa sabedes podedes mandar os vosos refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com ao final de curso faremos un refraneiro coas vosas aportacións.
Grazas pola colaboración
O EDLG
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »