DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o Día da Discapacidade nas aulas do CRA traballamos, indagamos e investigamos sobre a vida de Desireé Vila, atleta paralímpica galega en Tokio 2020.

Deste traballo saíron moitas preguntas e curiosidades que ela tivo a amabilidade e xentileza de responder.

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos.

Pinchade na foto e abrirase nunha nova xanela.

Grazas ao alumnado e profesorado pola súa colaboración, e por suposto GRAZAS a Desi Vila.

PARALIMPÍADAS ARAGONTA

A antorcha olímpica chegou a Salceda!!!!!

Os pebeteros da sede e das parroquias estarán acendidos durante toda esta semana, na que levaremos a cabo as Paralimpíadas Aragonta, pola conmemoración do Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro)

REFRÁN DECEMBRO

Bos días:

Aquí vos deixamos a proposta de refrán do mes de decembro, xa sabedes que se coñecedes outros podedes mandalos por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

Saúdos

O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)

TARDE DE SAMAÍN NA CANUDA

O Concello de Salvaterra decide aprazar a tarde infantil de samaín para @s máis cativos no Parque Público A Canuda ao próximo venres 5 de outubro.
Lembramos que os grupos son de 10 persoas, que a idade recomendada é de 5 a 16 anos, pero poden asistir todo tipo de idades.
Os menores de 8 anos terán que vir acompañados.
Haberá varios pases:
17:30 h. 18:30 h. e 19:30 h.
É preciso inscrición previa no correo: animacion@concellodesalvaterra.org desde o 28 de outubro ao 3 de novembro.
 

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Por estas datas tanto o concello de Salceda, como o de Salvaterra e Tui propoñen diversas actividades para celebrar a festividade de Samaín, como decorar cabazas ou pasaxes do terror.

Aqui vos deixamos as propostas dos tres concellos por se vos interesan.

Máis información no facebook dos respectivos concellos.

REFRÁN NOVEMBRO

Aqui tedes a nosa proposta de refrán do mes de novembro.

Lembrade que se coñecedes algún outro refrán,  podedes mandárnolo por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com. Poñede no correo o nome do neno/a e a aula na que está, para facer o noso recompilatorio a final de curso.

Grazas pola vosa colaboración

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

OFERTA CULTURAL NO CONCELLO DE TUI

O concello de Tui ten unha oferta cultural moi ampla, variada e para tódalas idades neste outono.

Deixámosvos o cartel coas actuacións programadas.

Máis información na páxina do concello: www.tui.gal

TEATRO EN SALCEDA DE CASELAS

Este sábado 2 de outubro as 21:00 horas no Auditorio de Salceda levarase a cabo a interpretación da obra "Bernarda" interpretada por Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja que afonda nos choques xeneracionais entre pais e fillos.

OUTONO EN GALEGO

O Concello das Neves, dentro do programa Outono en Galego fai unha proposta moi diversa de actividades tanto de teatro como de cinema.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos para os/as nenos/as a proxección da película "A galiña Turuleca" gañadora do premio Goya 2021 a mellor película de animación, que se levará a cabo o día 14 de Novembro as 18:30 horas no Auditorio Municipal das Neves.

Reservas: bit.ly/outonoengalego

Aqui tedes a proposta completa

XXI XORNADAS DE TEATRO en ALXÉN

O vindeiro fin de semana celebrarase na Casa da Cultura de Alxén a XXI Xornadas de Teatro. Dende o venres ao domingo hai unha oferta variada de actividades para desfrutar da cultura en familia.

Deixámosvos o cartel coas actuacións que se van a levar a cabo.

Distribuir contido

Back to top