DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

REFRÁN OUTUBRO

Bos días:

Seguimos traballando a tradición oral da nosa terra, mediante os refráns dos meses do ano. 

Recordade que se coñeces algún outro, podedes facernolo chegar mediante un correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

Aqui vos deixamos o refrán de outubro.

TÍTERES EN SALVATERRA DE MIÑO

Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, imos tentar publicitar tódalas actividades culturais para nenos/as que se leven a cabo no noso concello e nos concellos cercanos, como método de promoción do uso da lingua galega.

Este sábado, 25 de setembro, as 18:00 horas na casa da Cultura de Salvaterra de Miño, actúa Tanxarina Títeres coa súa obra "Titiricircus".

Máis información na páxina de facebook do concello de Salvaterra de Miño.

REFRÁN MES DE SETEMBRO

Comezamos o curso e o noso refraneiro polo mes de Setembro.

Se coñecedes algún otro refrán deste mes facédenolo chegar por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

Esta é a nosa proposta

 

Máis recursos

Ola peques e ola familias!

Vos facemos chegar novos recursos para que os desfrutedes este verán. Agardamos vos gusten!

Your browser does not support the video tag.

 

 

 

REVISTA BADALADAS 2020-2021

 

REVISTA BADALADAS 2020-2021

 

Agora que se achega o final de curso e tempo de facer repaso das experiencias vividas ao longo destes meses que foron tan especiais e tan intensos.

Presentámosvos a nosa revista, a Revista Badaladas que agardamos sexa para vós unha pequena fiestra coa que entrar en todas e cada unha das aulas e facervos partícipes da súa actividade.

Desfrutádea e desfrutade do verán tamén! 

 

 

Adiviña do mes de xuño: solución

Esta é a resposta a última adiviña deste curso.

Esperamos que este xogo vos gustase e que sigades tratando de descubrir películas por medio das súas cancións, a través de xestos, de nomear a algúns dos seus personaxes, .... 

Como seguro que xa sabiades, a película que buscabamos era

 

Moi bo verán amiguiñas e amiguiños!

Adiviña do mes de xuño

Esta é a derradeira adiviña do curso.

Despois de tanto xogar, seguro que vos será moi sinxelo adiviñar de qué película se trata, non si?

 

 
A resposta a teredes aquí mesmo a próxima semana. Abur!

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa é 17 de maio e queremos desexarvos un moi feliz día das Letras Galegas. Esta é unha fermosa xornada para gozar da maxia das palabras, da beleza dos contos, … un día para desfrutar das producións na nosa lingua ou das de que, creadas noutros idiomas, persoas como Xela Arias souberon achegar ao galego.

 

Da man da homenaxeada, queremos compartir o noso pequeno poemario, cheo de tenrura e de amor. Unha fermosa forma de festexar tamén o día da familia. Agardamos que vos guste!

 

 

Resposta adiviña maio

Ola de novo!

Velaquí tedes a resposta a adiviña do mes de maio. Seguro que xa sabiades que era...

 

 

 

 

 

 

Adiviña do mes de maio

Ola pequechiñas e pequechiños,

vos deixamos a adiviña que Caselín vos propón para o mes de maio. 

Preparádevos e poñede moita atención, conseguiredes descubrir de qué película se trata?

  

 
A próxima semana teredes a resposta!
Apertas Sorriso
 
Distribuir contido

Back to top