DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegámosvos algunhas propostas artísticas relacionadas co autor  homenaxeado: FRANCISCO  FERNÁNDEZ  DEL  RIEGO, para que as empreguedes como recurso motivador e/ou xerador de propostas de aprendizaxe que vos resulten de interese. Así mesmo, tamén vos facilitamos diversa información e actividades para traballar sobre o citado autor galego, contribuíndo a que o alumnado se achegue a súa vida e obra. En calquera caso, cada titor/a escollerá a/as proposta/as que resulte/n do seu interese para traballar na aula.

 

Unha vez máis, pedímosvos que, por favor, nos mandedes algunha foto/vídeo do que, sobre o autor, fagades nas aulas. Podedes envialas por whatsapp e/ou ao noso correo:  aragontanormalizacion@gmail.com.  A data límite para que nolas mandedes será o 23 de maio do 2023.

PROPOSTAS  ARTÍSTICAS: (para máis información, consultar os arquivos adxuntos desta publicación)

 

- CARICATURAS SOBRE O AUTOR, entendidas como un retrato ou descrición no que se esaxeran ou deforman certos rasgos ou trazos. (véxanse nos documentos adxuntos) 

                             

__________________________________________________________________________________

Por outra banda, achegámosvos varios ENLACES e RECURSOS que tamén vos poden resultar de interese respecto a información sobre o autor homenaxeaso e actividades que podedes realizar na aula co voso alumnado:

 

uOUTRA OBRA ARTÍSTICA “ESCOLA DE DOLORIÑAS” (sita en Lourenzá, lugar que viu nacer ao autor), de Julia Minguillón (máis info e imaxe gardada nun pdf).

uLibro dos Bolechas: FRANCISCO FDEZ. DEL RIEGO (adxunto nun pdf)

u3 U.D. do Seminario Galán respecto do autor (para 3, 4 e 5 anos, respectivamente). Van adxuntas en arquivos pdf.

uCanción “DON  PACO”, do CEIP Plurilingüe de Carballal, na que o alumnado canta e baila mentres nos achegan a biografía do autor.

  https://youtu.be/8H0N3mjDWyA

uXogo Interactivo GENIALLY para infantil, sobre a vida e obra do autor.

https://view.genial.ly/640774614b8e5b001335a6b7

uENLACE con máis recursos para infantil (obra de teatro; fichas para imprimir; xogos...):        https://primaveradasletras.gal/

---  EDLG  ---

 

 

 

REVISTA: BADALADAS ARTÍSTICAS

AQUÍ VOS ACHEGAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ANUAL BADALADAS.

NESTA OCASIÓN, CADA AULA E CADA ESPECIALIDADE COMPARTE CON TODOS NÓS AS SÚAS EXPERIENCIAS ARTÍSTICAS.

DESEXAMOS QUE O DESFRUTEDES.

RECOMPILACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e, dende o EDLG, achegamos unha serie de propostas para levar a cabo nas aulas. Así pois, logo de recibirmos as imaxes e/ou vídeos do profesorado, aquí lles deixamos unha pequena recompilación do que fixemos para conmemorar a esta grande poetisa galega.  Moitas gracias ao profesorado pola súa participación e... esperamos que desfruten da montaxe !!!

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegámosvos algunhas propostas artísticas relacionadas coa poetisa galega para que as empreguedes como recurso motivador e/ou xerador de propostas de aprendizaxe que vos resulten de interese. Así mesmo, tamén vos facilitamos información e diversas actividades sobre Rosalía para que, a voso escolla, as traballedes na aula co alumnado.

En calquera caso, pedímosvos que, por favor, nos mandedes algunha foto/vídeo do que, sobre Rosalía de Castro, fagades nas aulas. Podedes envialas por whatsapp e/ou ao noso correo:  aragontanormalizacion@gmail.com

______________________

PROPOSTAS  ARTÍSTICAS: (para máis información, consultar os arquivos adxuntos desta publicación)

- ILUSTRACIÓNS: 

 

                                  “Rosalía”                                                                                      “Rosalía  de  Castro”

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obras feitas coa técnica de colaxe.

A súa autora é Lara Lars, nada en Salceda de Caselas en 1986. Lara Lars é arquitecta e ilustradora. Famosa polos seus “collage” nos que se unen feminismo e surrealismo. Elabora estampas retrofuturistas e converte ás mulleres do pasado en mulleres empoderadas, protagonistas da súa propia historia. 

 

- MURAL: 

 

“Rosalía de Castro”

 

Mural de Pablo Loyola Medina (feito, recentemente, no CEP ALTAMIRA)


Artista de Vigo cuns 10 anos de experiencia. Entre as súas obras atopamos, especialmente, murais decorativos en diversos colexios, locais de ocio (bares, cervexarías), etc. ... Ademais de ser muralista, tamén ten no seu haber: graffiti, ilustracións dixitais e rótulos. 

 ________________________________________________________________________________________

 

 Por outra banda, achegámosvos varios ENLACES e RECURSOS que tamén vos poden resultar de interese respecto a información sobre Rosalía de Castro e actividades que podedes realizar na aula co voso alumnado:

 

* Vídeo dos Bolechas sobre Rosalía de Castro

https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0042.html

 

* U.D. sobre Rosalía de Castro (para Educación Infantil) con diferentes actividades (é a do ano pasado; vai tamén nun arquivo en pdf):

https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7

 

* Canción “O Moucho”, interpretada por MIGALLAS. Baséase no poema “O MOUCHO”, recollido no libro “Cantares Galegos” de Rosalía de CASTRO (é unha melodía curta, sinxela, repetitiva e, pouco a pouco, vai gañando velocidade).

  https://youtu.be/uOUCIP6iiS4

 

A letra da cantiga centrase nun pequeno fragmento do poema (retrouso):

Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d’ aquel penedo:
¡Non che teño medo moucho,
Moucho non che teño medo!

 

 

* Imaxe da poetisa na que poden empregar distintas técnicas e/ou materiais para decorala (tamén vai nun arquivo adxunto).-

 

 

 

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos  dar unha gran benvida ao tempo de Entroido!!!.  Época de desfraces, máscaras, maquillaxes, música, festa, emocións, etc.  E, por suposto, moito, moito, moooito desfrute. Así pois, para que vaiamos ambientándonos e quentemos motores… 3, 2, 1… Aquí vos deixamos o cartel dos Mandadiños de Entroido deste ano, para nós, cheo de moita arte!!!

Esperamos e desexamos que o pasedes xenial e… que VIVA O CARNAVAL!!!

INFORMACIÓN QUE LLES PODE INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco dunha información publicada pola Deputación da Coruña e que, cremos, moi interesante respecto da época que está a piques de chegar: o Entroido. Esperamos que lles resulte de interese:

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR NO TEMPO DE NADAL:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais para facer nestes días de NADAL. Esperamos que lles resulten de interese.

BO  NADAL  E  FELICES  FESTAS!!!

 

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegámosvos diferentes propostas artísticas que teñen como finalidade pór en valor ás mulleres de todo o mundo.

O lema que empregaremos é:  EmPoderArte

O que pretendemos é que toda a Comunidade Educativa tomemos conciencia da violencia que en moitas ocasións se exerce sobre elas: discriminación, situacións de desigualdade, ameazas, privación da liberdade…

______________________

PROPOSTAS  ARTÍSTICAS:(para máis información, consultar os arquivos adxuntos desta publicación)

  -ILUSTRACIÓN:

“Mejor  sola  que  sin  magia”

Autora: Lara  Lars.  Obra feita coa técnica de Collage.

 

  -LITERATURA:  

“Peúgo, o calcetín melenudo”

 

Conto de Jessica Rodríguez Piñeiro 

ENLACE  AO  CONTO:

 

https://www.calameo.com/books/007229640b583d4f3106d

 

 - ESCULTURA: 

“El  calcetín”

Escultura de Antoni  Tàpies.

 

  -MÚSICA:  

Canción “Chea de vida”, de Guadi Galego. Pertence ao disco LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO, que presentou o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da violencia contra a muller. -

 ENLACE  Á  CANCIÓN:   https://youtu.be/ISBQSlAa2cY

 

---  EDLG  ---

 

 

 

ACTIVIDADES CULTURAIS DE INTERESE: TEATRO INFANTIL

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais que terán lugar ata o próximo mes de xaneiro, concretamente en Redondela. Esperamos que lles resulten de interese:

 

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR DO MES DE NOVEMBRO:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles algunhas actividades culturais para facer nestes días de novembro, concretamente en Vigo. Esperamos que lles resulten de interese:

 

Distribuir contido

Back to top