Extraescolares

Imaxes viaxe a Madrid (Bacharelato de Artes)

Xa están subidas a este álbum de Flickr as imaxes da viaxe a Madrid do bacharelato de Artes.

Visita ao Parlamento de Galicia

O luns 21 de marzo os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía visitaron o Parlamento de Galicia.

Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde protagonizaron un breve debate parlamentario.

Acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

Podes ver todas as fotos neste album de Flickr.

Visita de alumnado de 2º BAC a Santiago

O mércores 9 de marzo o alumnado de Xeografía, Patrimonio e Historia da Arte viaxaron a Santiago.

Os alumnos de xeografía participaron na Olimpiada de Xeografía que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia da USC.

Ao mesmo tempo o resto do grupo visitou a catedral, as súas cubertas, o museo e o pazo de Xelmírez.

Remataron a xornada cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria.

Podes ver máis imaxes neste álbum de Flickr.

Brigantium MMXXII

Vídeo da viaxe á Coruña dos alumnos de Latín e Cultura Clásica do IES MGB para asistir ás representacións do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia na Coruña, o 22 de febreiro de 2022. Obras representadas: Hécuba de Eurípides (Grupo Noite Bohemia) e Asinaria de Plauto (Grupo Corzos Reunidos).

Grecia e Roma nas túas mans

Con data 20/12/2021 foi publicada na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional, a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva.

Nesa convocatoria foi seleccionado o proxecto GRECIA E ROMA NAS TÚAS MANS, do que forma parte o IES Manuel García Barros da Estrada (coordinado polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño), o IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida.

O traballo consistirá filmar e documentar unha serie de pezas (en principio 10) dos museos de Galicia e elaborar réplicas a partir da súa impresión en 3D co obxecto de crear un museo escolar para que todos os alumnos poidan coñecer e respectar o seu patrimonio cultural. O proxecto inclúe tamén viaxes a Sagunt e a Mérida, que terán lugar ao longo deste curso e do que vén. 

Máis información na web do proxecto.

Visita a Santiago

O venres 3 de decembro o alumnado de 2º bacharelato D visitou a cidade de Santiago, onde realizou unha visita guiada ao pazo de Xelmirez, ao Pórtico da Gloria e á catedral.

IMG20211203102022_800.jpeg

Excursión a "Aquis Querquennis" (Bande - Ourense)

Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3ESO, 4ESO e 1BAC, realizou unha visita ao xacemento romano de "Aquis Querquennis", en Baños de Bande, Ourense. 

Despois de percorrer un tramo duns 5 kilómetros polo antigo trazado da VIA NOVA ou Vía XVIII, e tras visitar unha fermosa fervenza nas marxes da mesma, o grupo asistitu a unha proxección audivisual no Centro de Visitantes, para logo percorrer o xacemento do antigo campamento militar romano. A xornada rematou cun baño nas thermae do recinto. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e Grego.

Más fotos neste álbum de Flickr!

Visita de 1º ESO a Campo Lameiro

O pasado mércores 10 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por tres profesoras, visitou o Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Podedes ver máis fotos neste álbum de Flickr!

Carreira de campo a través do XOGADE.

O alumnado de 1° e 2º da ESO do noso centro participou na carreira de campo a través do programa XOGADE, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva promovido polo departamento de Educación Física.

Destacar o esforzo dos nenos e nenas participantes nunha mañá con frío e néboa nas instalacións da zona deportiva da Estrada, nun percorrido de 1300 metros con bastante dificultade.

Parabéns ao alumnado pola gran participación e implicación na actividade!

Neste álbum de Flickr podedes ver máis fotos.

Saída cultural á Ribeira Sacra

O pasado xoves 29 de outubro, tivo lugar unha saída cultural á Ribeira Sacra cos alumnos de 2BAC, visitando os Peares, a igrexa de San Pedro de Rocas (Esgos) e a súa contorna (Fonte de San Bieito), e o embarcadoiro de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín, onde se realizaou un paseo en catamarán polos Canóns do Sil.

Tras a comida foi o turno do mosterio de Santo Estevo, visitando o seu claustro para, a continuación, poñer rumbo a Celanova onde tivo lugar unha excepcional exposición e interpretación do seu afamado órgano (ver vídeo!). A visita continuou coa nosa xoia mozárabe, San Miguel de Celanova, rematando a xornada coa visita e baño no campamento de Aquis Querquennis en Bande.

A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coas profesoras dos Departamentos de Música e Lingua Galega (Esther Sánchez, Beatriz Mera, María Varela e Teresa Filloy).

Máis fotos neste álbum de Flickr!

Visita do alumnado de 3º ESO a Santiago

O pasado mércores 13 de outubro o alumnado de 3º ESO viaxou a Santiago para visitar a cidade e asistir á representación teatral "Tacao" da compañía MOVING COMPASS, no marco da XXVI edición do Festival Internacional de Títeres de Santiago de Compostela.

Santiago_500.jpeg

Visita a IBERLUFFA polo alumnado de 2BAC

O martes 5 de outubro o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía da empresa e FUAX visitou a empresa IBERLUFFA (Ibérica de exponxas vexetais) en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na plantación de luffas coas explicacións do proceso produtivo, características do froito, fermentación e secado, deseño e troquelado, comercialización do produto e loxística da empresa.

A actividade foi organizada polo departamento de Ecomomía e os alumnos estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo (máis imaxes neste álbum)

E se aínda non sabes o que é unha luffa, consulta esta páxina!

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado 19 de febreiro os alumnos de 1o Bacharelato e 4o ESO da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, a biblioteca, Salón dos pasos perdidos e os patios interiores. Finalmente os alumnos protagonizaron un breve debate parlamentario no Hemiciclo.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Norma Pillado.

Parlamento_2020_0.jpg

Visita a CONGALSA

O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

  1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
  2. Charla - coloquio
  3. Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
  4. A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
  5. Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.

A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

IMG_20200217_130230.jpg

Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.

O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.

Distribuir contido