Extraescolares

O MEU 1º VOO

Avísase do cambio de data da actividade, que realizaráse o vindeiro martes 15 de abril do 2008.

REUNIÓN DE PAIS VIAXE SAGUNTO

O vindeiro mércores 2 de abril ás 19:00 horas haberá unha reunión na Aula de Usos Múltiples para informar os pais sobre a viaxe a Sagunto. Descarga o programa en *.pdf.

theatrum_NON_delendum.jpg

VISITA A LUGO

  Dentro das actividades previstas no proxecto "2000 anos por correo", o vindeiro mércores 5 de marzo alumnos de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, irán a Lugo. Pola mañán asistirán á obra de teatro "Ifigenia en Áulide", dentro do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia, e pola tarde visita guiada a Domus Oceani e ao Museo Arqueolóxico Provincial. Sairán ás 8:45 horas do centro.

mosaig[1].jpg

EXCURSIÓN SAN ISIDRO

Onte mércores 20 de febreiro do 2008 tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do centro unha reunión para dar información sobre a excursión a San Isidro. Para poder consultar o documento con dita información descargar dende aquí.

larecorba.jpg

PROXECTO TERRA

O vindeiro venres 29 de febreiro e o sábado 1 de marzo os alumnos de 4º ESO participarán nas actividades do "Proxecto Terra". Toda a documentación xa foi enviada os pais xunto coa autorización.

REUNIÓN PAIS SAN ISIDRO

O vindeiro mércores 20 de febreiro do 2008 ás 19:horas haberá unha reunión  na aula de usos múltiplies do centro para informar os pais sobre a excursión a San Isidro.

ENCONTROS NA ZONA USC

Dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC" relizaránse o vindeiro 2 ou 3 de abril os "Encontros na zona USC" para os alumnos de 2º Bacharelato. Por este motivo envióse unha circular con información os pais.

EXIPTO 2008 MGB: SELECTA DE PRENSA

A prensa Galega recolle nas súas edicións locais a viaxe dos alumnos do MGB e as profesoras Ana Fernández e Esther Sánchez polas lonxanas terras de Exipto. Así podemos lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo deste martes 12 de febreiro.
exipto_voz_galicia.jpg

PROGRAMA FESTIVAL DE EXIPTO

O vindeiro venres, ás 21:30 horas, no teatro principal da Estrada, vaise celebrar o Festival da excursión a Exipto. Haberá actuacións musicais, de baile, funky, elección de miss e mister MGB, etc. Pica en ler máis para ver o programa.

NOTA INFORMATIVA "DOS MIL AÑOS POR CORREO"

Hoxe foille entregada aos pais unha nota informativa coa información das actividades que se levaran a cabo no marco do proxecto "DOS MIL AÑOS POR CORREO". Preme aquí para descargala.

VIAXE A SAGUNTO

Os alumnos do proxecto "Dous mil anos por correo" viaxarán a Sagunto para asistir aos talleres de Cultura Clásica organizados pola asociación Ludere et discere de Sagúnt, durante os días 12 a 17 de abril do 2008. Tamén asistirán a unha representación teatral no teatro romano e visitarán a Cidade das Ciencias e as Artes en Valencia.

VIAXE Á NEVE(ANDORRA)

O vindeiro mes de xaneiro os alumnos de 4º ESO,1º e 2º Bacharelato irán de excursión á neve (Andorra).Sairán o sábado 26 de xaneiro do 2008, ás 21:00 horas e o regreso será o sábado 2 de febreiro do 2008 ás 12:00 horas

Distribuir contido