Extraescolares

Correlingua

O vindeiro venres, 6 de maio, alumnado de 1º ESO e 3º A ESO participará no correlingua que se celebra na nosa vila. A actividade consiste nunha marcha en apoio da nosa lingua polas rúas da Estrada contando con diferenrtes espectáculos. Actividade que abrangue todos os centros educativos da zona.

Proxectoterrra

Os días 6 e 7 de maio, venres e sábado, alumnado de 4º ESO realizará o Proxectoterra: visita a Ferrol (barrio da Magdalena, aula de Ecoloxía Urbana, parque de Aquaciencia...), Mugardos (castelo de San Felipe...) e Fragas do Eume (ruta de sendeirismo por este espazo natural protexido).

Roteiro "A praia dos Afogados"

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos do Roteiro da Praia dos afogados. As imaxes son de Miguel Bugallo.

''Entre as pedras de Compostela''

O vindeiro 29 de abril venres, en horario de 8:45 horas a 14:25, os alumn@s de 2º ESO A e 2º ESO B asistirán á actividade ''Entre as pedras de Compostela''  visita e xogo de orientación pola Cidade Histórica de Santiago.

Viaxe a Amsterdam

Dende o día 11  ata o  16 de abril un grupo numeroso de alumn@s  de 4º ESO realizarán unha viaxe de estudos a Amsterdam

Roteiro praia dos afogados

O vindeiro xoves 7 de abril alumn@s de 1º de Bach e integrantes do Club de lectura NA Estrada 525 realizarán o roteiro praia dos afogados en Vigo ( un percorrido polos escenarios onde DOMINGO VILLAR localiza a súa novela A praia dos afogados).

Fotos da semana branca

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos da viaxe realizada polos alumnos de 1º de ESO á estación de esquí de Valgrande-Pajares.

*Fotografía: Magaly Barreiro

Festival "París la Nuit"

Este venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, celebrarase o festival "Paris La Nuit", con motivo da excursión a París dos alumnos de 3º de ESO, organizada polo Departamento de Francés. O programa de actuación será o seguinte:

1.-As mozas do Ximnasio Absolute, que bailarán funky.
2.-A profesora Marisa Otero e o alumno de 3º ESO, Manuel García, interpretarán Smile de Charles Chaplin.
3.-As alumnas de 3º e 4º ESO : Laura Vidal, Alexia Dominguez, Jessica Valladares, Andrea González e Alba Rodríguez,bailarán un remix de funky e hip hop.
4.-O grupo de rock The Weak Force.
5.-Monólogo de Lara Pantoja.
6.-O grupo Vacalouras
7.-A cantante e pianista Paty Miller.
8.-
O grupo Templanza

Ademais terá lugar o sorteo da cesta de Entroido e de distintos agasallos cedidos por tendas da Estrada. Non podes faltar!

cartel_paris_2011.jpg

Obradoiro no Teatro Principal

O próximo xoves, día 10, de 11 a 13 h. desenvolverase un obradoiro :"Non só doen os golpes" organizado polo CIM(Centro de Información da Muller) participarán alumnado de 3º e 4º ESO dos tres centros educativos, actividade organizada en colaboración cos Departamentos de Orientación e o Concello da Estrada.

Semana branca cos alumnos de 1º de ESO

Do día 13 ao 18 de marzo, de domingo a venres, un grupo de alumn@s de 1º ESO participarán na Semana branca (actividade organizada pola Deputación de Pontevedra) na estación de Valgrande-Pajares.

Captura de pantalla 2011-03-02 a las 12.57.13.png

Teatro Greco-Latino

O próximo 14 de abril alumn@s da matería de Latín e Literatura Universal asistirán á representación das obras Edipo Rei (Sóflocles, traxedia grega) e Cistellaria (Plauto, comedia latina) no Festival de Teatro Greco-Latino de Lugo (Auditorio "Gustavo Freire").

Sorteo de cesta de Carnaval

Con motivo da excursión dos alumnos de Francés de 3º da E.S.O., o día 18 de marzo ás 21:00h., durante o Festival da viaxe a París no Teatro Principal da Estrada, vaise celebrar o sorteo dunha cesta de carnaval valorada en 150€. Pica en ler mais para ver a relación de produtos.

cesta_paris_2011.jpg

Festival Amsterdam

O vindeiro  venres  18, ás 20.00h., celebrarase un festival no Teatro Principal organizado polos alumn@s de 4º ESO co obxectivo de recadar fondos para unha viaxe cultural a Amsterdam. Grazas por adiantado pola vosa asistencia.

Cartel Festival Amsterdam 2011

Xa temos cartel para o festival da viaxe a Amsterdam. Tras un pequeno desastre informático que nos privou dos traballos doutros compañeiros,  o elixido finalmente foi o realizado pola alumna de TIC de 1º de Bacharelato Laura Sanmartín. Podedes ver máis traballos en modo presentación dende esta ligazón.

laurasanmartin_amsterdam_500.jpg

Teatro: "Memorias dun neno labrego"

O vindeiro venres, día 4 de febreiro, o Alumnado de1º BACH asistirá á representación, no Teatro Principal de a Estrada, de "Memorias dun neno labrego", monólogo escénico co que o artista galego Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. 

* Imaxe de Xosé Neira Vilas no MGB, por Miguel Bugallo

800px-Neira_Vilas_no_IES_M._G._Barros-14.jpg
Distribuir contido