Extraescolares

Discursos do alumnado no acto de Despedida 2009/10

Podedes ler aquí os discursos pronunciados polo alumnado no acto da despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato 2009/2010.

Vídeo Acto de Despedida 2009/2010

Para os que non puideron asistir onte ao acto de Despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato 2009/2010, este foi o vídeo proxectado no mesmo. Podedes tamén ler os discursos pronunciados polo alumnado.

Subidas as imaxes da excursión a Londres

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as imaxes da viaxe a Londres, realizada durante entre os días 14 e 19 de maio polos alumnos e alumnas de 4º de ESO. Podedes velas tamén en modo presentación.

Nesta imaxe podemos velos no London Dungeon, unha antiga alxube reconvertida en moderno museo de Terror! (pica na imaxe para vela máis grande)

4641813363_2f06680c7f.jpg

Excursión do alumnado de Relixión a Santiago

O vindeiro xoves 20 de maio o alumnado de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO realizará unha visita didáctica á Catedral de Santiago, as súas cubertas e casco histórico da cidade. A actividade abranguerá toda a a mañá, voltando ás 14:25.

Excursión a Londres de 4º de E.S.O.

Durante os días 14 e 19 de maio, os rapaces de 4º da ESO visitarán Londres se a nube de cinza o permite. A viaxe inclúe visitas a algúns dos máis importantes museos do mundo (Museo Británico, Historia Natural, National Gallery, Tate Modern...), rutas en barco e en autobús e camiñatas pola City e algunhas das mellores zonas comerciais, tanto "pijas" -Oxford street- como alternativas -Camden market-.

Os profesores Carmen Maril e Pablo Antorrena, dos Departamentos de Francés e Inglés, serán os encargados da organización e dirección da viaxe. Podedes descargar dende aquí o programa detallado de actividades.

**Imaxe de J. Alberto Carrasco en Flickr.

3283621969_ced2fa16f5.jpg

Gañadores do concurso Batlle Of The Bands. Premios Tómbola.

Logo das deliberacións pertinentes do xurado, os gañadores foron os seguintes:

  1. Primeiro premio: Os John Deeres
  2. Segundo premio: Templanza
  3. Terceiro premio: Pants Off

Aquí tedes a listaxe completa de números premiados na Tómbola. Comprobade o voso!

tombola-battle003.jpg

Festival Battle of The Bands

O vindeiro xoves 29 de abril terá lugar o festival-concurso de música pop-rock BATTLE OF THE BANDS, con motivo da excursión de 4º de ESO a Londres no mes de xuño. Será no teatro da Estrada ás 20:horas. Haberá tres premios donados pola ACOE: 1º premio: un vale de 300 euros. 2º premio: un vale de 200 euros 3º premio: un vale de 100 euros. Mentres o xurado delibere, levaráse a cabo a tómbola sorteo na que se sortearán 50 regalos donados polos comerciantes da Estrada e Santiago. O primeiro, que consiste en dúas noites nun hotel da catro estrelas donado por Viaxes Iberia, entregaráse alí se o premiado está presente. O resto poderanse recoller no instituto.
Podedes descargar dende aquí o programa das actuacións  (Grupos participantes e temas a interpretar)
captura_battle.png

Actividade didáctico-musical "Rock 'n Micro"

O vindeiro venres 30 de abril o alumnado de 2º e 3º da ESO realizará a actividade extraescolar didáctico-musical "Rock 'n micro", que terá lugar no Teatro Principal da Estrada en horario de 1ª a 3ª hora (incluídas). O alumnado desprazarase ata o Teatro en autobús, tendo as 3 últimas clases da mañá no seu horario normal. 

Vídeo da excursión a Roma MGB 2010

Por fin, aquí está o vídeo. Que o disfrutedes!

Visita ao Museo de Pontevedra

Hoxe mércores 21 de abril o alumnado que cursa a asignatura de Artesanía (correspondente aos cursos de 3º e 4º da ESO) realizará unha excursión toda a mañá ao Museo Provincial de Pontevedra.

Estrea do vídeo da Viaxe a Roma

Hoxe mércores, no primeiro recreo, terá lugar a estrea mundial do vídeo da Viaxe a Roma. Será en multimedia 1. Estades todos invitad@s!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

O pasado mércores 14 de abril celebrouse en Pontevedra o Campionato Provincial de Orientación17 alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES MGB acudiron a cita que se desenvolveu na "Illa das Esculturas" dentro da zona deportivo-escolar da Xunqueira. Na competición participaron 7 centros e aproximadamente uns 180 deportistas nas categorías infantil e alevín. O MGB acadou o 3º posto por equipos na categoría Cadete. Asemade, Nerea Gestoso, obtivo o 2º posto na categoría cadete individual feminino. Noraboa a todos pola vosa participación.

Podedes ver imaxes dos nosos campións e campioas na correspondente galería de Flickr do MGB.

4537484461_44ff4beefd.jpg

Fotos da Viaxe a Roma

Xa están cargadas na nosa galería en Flickr, as fotografías da nosa viaxe a Roma. Aquí tedes unha fermosa presentación en pantalla completa cunha selección das mesmas.

E a vindeira semana, estrea do vídeo!

P4073242

Éxito do alumnado do MGB no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares

Aínda que TODOS os alumnos e alumnas que participaron representando ao noso centro no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares fixeron un gran papel, cómpre destacar as medallas de bronce acadadas por:
  • Diego Otero Cortizo (1º BAC-A).
  • José Manuel Padín Durán (2º ESO-B).
  • Jesús Pereiro Castro (3º ESO-A).
  • Pablo Sanmartín Andújar (2º ESO-A).
Deste feito, que corrobora á Estrada como unha potencia no Bádminton a nivel estatal, fixo chegar os seus parabéns ao noso centro a propia Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Por suposto, tamén a nosa noraboa de toda a comunidade educativa aos nosos grandes deportistas. 

NA Estrada-525, en abril

O club de lectura NA Estrada-525 reúnese o mércores 7 de abril ás 16,30 na biblioteca do MGB para falar de El guardián entre el centeno, de J.D.Salinger.

centeno.jpg
Distribuir contido