Extraescolares

Visita Casa do Patrón

O vindeiro venres, 4 de febreiro, o alumnado da materia de Artesanía e membros do Equipo de Normalización Lingüística visitarán a Casa do Patrón (Doade-Lalín) un museo etnográfico (máis de 3000 pezas compoñen a colección que representa profesións tradicionais da nosa terra). Realizarán ademais unha ruta de sendeirismo pola zona.

Visita a MOME

Os alumn@s da matería de Artesanía realizarán unha visita a MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada). A proposta expositiva inclúe unha constante interactividade espazo- espectador e a súa vez un medio de difusión cultural do noso pobo.

2º de Bacharelato na catedral de Santiago

A profesora Magaly Barreiro nos manda esta preciosa foto da visita dos alumnos de 2º de bacharelato á catedral de Santiago. Podedes descargala en varios tamaños dende esta ligazón.

Visita cultural a Santiago

Alumnado de 2º de Bach das materias de Arte, Xeoloxía e Música visitarán as cubertas da catredral, o Pórtico Virtual e o Coro Pétreo de Mateo. Ademais os alumnos de Xeoloxía farán un percorrido petrolóxico por Santiago.

Teatro

O vindeiro xoves, 20 de xaneiro, o alumnado de francés asistirá á representación da obra de teatro "Les Femmes Savantes" de Molière no Colexio La Salle e realizará unha visita a Cidade da Cultura

Deporte escolar

O vindeiro mércores 12 realizarase no colexio do Foxo unha xornada de deporte escolar conxuntamente cos centros ecducativos da zona.

Colección Zanchi

O próximo mércores 22 de decembro, pola tarde, os alumn@s de 1º B BACH da materia de Debuxo Artístico realizarán unha visita á exposición Colección Zanchi , Fundación caixa nova en Santiago.

 

Teatro

O xoves, día 16, os alumn@s de 2º Bach asistirán á representación da obra Salomé de Oscar Wilde, realizada polo Centro Dramático Galego, en Santiago 

Fotos da excursión a Carboeiro

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos da viaxe a Carboeiro dos alumnos de 2º da ESO, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Podedes ver a presentación nesta ligazón.
HPIM1460.JPG

Visita cultural a Carboeiro

O  día 10, venres, 45 alumn@s de 2º ESO realizarán unha visita guíada ao mosteiro de Carboeiro, desenvolverán uns obradoiros e unha ruta de sendeirismo ata a fervenza do Toxa.   

Visite à Madrid des élèves de la Section Bilingue de français

Entre le 11 et le 14 novembre, les élèves de la SECTION BILINGUE DE FRANÇAIS ont fait une visite à Madrid. Là-bas, ils ont parcouru des différents itinéraires culturels: le Musée du Prado, le Palais Royal, le Musée "Reina Sofía"..., et ce sont eux mêmes qui ont été les guides du voyage... en français, bien sûr!

 

 

madrid-bili_2010.jpg

Estrea de "Dairas"

Onte tivo lugar, nun Teatro Principal abarrotado, a estrea de "Dairas". Podedes ver neste álbum as imaxes do acto (fotografías de Miguel Bugallo).

Na imaxe, o profesor Miguel Carbajal, director da curtametraxe, pronunciando unhas palabras antes da emisión da película.

4728990128_0535212588.jpg

Vídeo da viaxe a Londres

Despois da "premiere" que tivemos este recreo na Aula de Música, aquí tedes o vídeo da viaxe a Londres dos alumnos de 4º de ESO.

Reseñas na prensa do Acto de 2º de Bacharelato da semana pasada

A prensa local tamén se fixo eco do Acto de despedida de 2º de Bacharelato:

Subidas as fotos do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Xa están dispoñibles na nosa galería as imaxes do acto de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato, realizadas polos profesores Miguel Bugallo e Magaly Barreiro, que podedes ver tamén en modo presentación.
4655135987_a2a87e2331.jpg
Distribuir contido