Extraescolares

Visita á Catedral de Santiago e á factoría FINSA

O vindeiro luns 25 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa as materias de Arte e Xeografía e Historia de Galicia realizará pola mañá as seguintes visitas:

Pola súa banda, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I (1º BAC A) realizará unha visita guiada ás instalacións da factoría madeireira FINSA.

Viaxe a Roma 2010: reunión mércores 2º recreo

O vindeiro mércores 2 de decembro terá lugar unha reunión no 2º recreo na sala de usos múltiples para falar das últimas novidades da viaxe a Roma 2010. Prégase a asistencia a tódolos interesados.

Aprendendo Matemáticas e Cultura Clásica co cine: "Ágora"

O vindeiro martes 1 de decembro, o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC acoderá aos Multicines Central da Estrada nos que, de 16:15 a 18:35 horas, se proxectará o filme “Ágora”, de especial interese pola súa relación coas Matemáticas e a Cultura Clásica, ademais de outras áreas do saber como a Historia e a Astronomía.
agora.png

Saídas didácticas realizadas recentemente polo alumnado

Recentemente o alumnado do noso centro realizou dúas interesantes visitas didácticas:

  • O venres 20 de novembro alumnado de 2º de Bacharelato visitou as instalacións de Meteogalicia e o CESGA en Santiago de Compostela, visitas encadradas dentro da apertura de portas á sociedade en xeral que con motivo da Semana da Ciencia realizan os centros de investigación do Estado.
  • O martes 24 de novembro alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou a tradicional visita ás instalacións da factoría PSA-Citroen en Vigo, organizada polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro. Tamén se aproveitou a saída para coñecer o Museo do Mar de Galicia, tamén situado en Vigo, e a Escola de Canteiros de Pontevedra, situada en Poio.

Formulario de Preinscrición Roma 2010

Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato que queiran participar na viaxe a Roma, deberán cubrir o seguinte formulario de preinscrición.

Excursión á neve 2010: reunión informativa

Todo o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato interesado en participar na excursión á neve deste curso, deberá asisitir a unha reunión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 11 de novembro en Usos Múltiples no primeiro recreo.

Viaxe a Italia 2010: reunión informativa

Convocamos a tódolos alumnos interesados de 1º e de 2º de Bacharelato a unha reunión informativa para tratar da viaxe a Roma 2010, o vindeiro luns 9 de novembro no 2º recreo na sala de usos múltiples.

 Fotografía de Rafael Jiménez.

127567845_a1839b653d.jpg

Imaxes da excursión aos Oscos - Taramundi

Xa están penduradas na galería Flickr do centro o álbume das imaxes da excursión aos Oscos, realizada polo alumnado de 3º da ESO e organizada polo Departamento de Tecnoloxía. Para visulizala pincha aquí.

Fotos da viaxe a Túnez

Ya están subidas á nosa Galería en Flickr as imaxes da viaxe a Túnez de 4º de ESO. No bloque da dereita tedes unha mostra.

 

3654928730_773e39c383.jpg

O MGB e a excursión de Tecnoloxía na prensa ceutí

O MGB segue imparable. Esta vez saimos nun artigo de Jose Luis Navazo, especialista en política marroquina e columnista no diario "El pueblo de Ceuta". Ademais de periodista, Jose Luis foi o noso guía, cociñeiro... na excursión aos Oscos de Tecnoloxía. Preme no enlace para ler o artigo.

http://www.elpueblodeceuta.es/200906218109.html

Taramundi 3º ESO

O vindeiro venres 19 de xuño os/as alumnos/as de 3º ESO viaxarán a Taramundi para realizar distintas actividades. Voltarán o sábado 20 de xuño. 

Excursión Túnez 4º ESO

Mañá 14 de xuño do 2009 os/as alumnos/as de 4º ESO comenzarán a súa viaxe de fin de curso a Túnez regresando o vindeiro 21 de xuño.

Acto de despedida 2º Bacharelato

O vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas no Teatro Principal da Estrada, celebraráse o Acto de despedida aos alumnos/as de 2º de Bacharelato.

Dormes?

Mañá venres 24 de abril no Auditorio de Goián ás 20:30 horas haberá unha nova de representación do Taller de Expresión Artística do MGB, finalista da Mostra de Teatro do Miño, que optan o premio do público. Sairán autobuses gratuitos postos polo Concello.  

Distribuir contido