Extraescolares

Suspendida a saída cultural ao Principado de Asturias.

Por razóns de climatoloxía, agárdase un empeoramento do tempo a partir do vindeiro venres, queda suspendida, lamentablemente, a saída cultural a Asturias (Picos de Europa, covas de Tito Bustillo e Fuente De) que estaba prevista desenvolver entre o xoves 25 e o domingo 28 deste mes de outubro.

Saída Picos de Europa e Covas de Tito Bustillo (Centro de Arte rupestre)

Dende o xoves 25 de outubro e ata o domingo 28, un gupo de alumn@s de 2º de Bacharelato de Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias da Terra e Xeografía farán unha excursión cultural acompañad@s por dúas profesoras.

Proxecto Ríos.

O vindeiro mércores, día 24 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO A e de 3º PDC acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns, onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.

Estivemos nas V Xornadas de clubs de Lectura

O sábado 9 de xuño celebráronse en Santiago as V Xornadas de Clubs de Lectura organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Por vez primeira convocouse aos membros dos clubes (alumnos e pais) e non só os coordinadores. E alí fumos os veteranos de club...

Os membros do club NA Estrada-525 escolleron a unha compañeira, Fanny, para que participase na mesa redonda na que dous alumnos, dúas nais e dous profesores coordinadores comentaron a súa experiencia nun club diante de máis de 400 persoas. Todo o público disfrutou e aprendeu coas súas intervencións. En canto sexa posible, colgaremos o enlace para que poidades ver esta mesa redonda.

Cartel das Xornadas

Visita Campo Lameiro

O vindeiro martes día 5 de xuño os alumn@s de 1º de ESO realizarán unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Vídeos acto de despedida. Alocucións d@s alumn@s.

Xa están subidos ao noso canal en YouTube, todos os vídeos do acto de Despedida 2012. Deixamos aquí como mostra as Alocucións dos alumnos e alumnas de 2º de BAC (SandraÁfricaRicardo e David).

Pero, que fixeron os profesores por nós?

Primeira parte do vídeo de Despedida 2012, onde Diego Gómez e Gonzalo Louzao falan do seu paso polo MGB.

Están subidos xa ao noso canal de YouTube as outras partes do vídeo, repartidas por clases: 2ºA, 2ºB, 2ºC.

Programa do Acto de despedida de 2º de bacharelato

Hoxe mércores, ás 19:00 horas, terá lugar no Teatro Principal da Estrada o acto de despedida dos alumn@s de 2º de bacharelato curso 2011-2012 presentado por Vicente Mato e Andrea Fernández (1º BAC). O programa será o seguinte:

  • "Brigde Over Trouble Waters", interpretada polos alumnos e alumnas de 3º de ESO B, con Elisa Barcala ao piano.
  • Discurso de dona Gisèle Maïssa, directora do MGB
  • Vals Inglés con Tango, interpretado por Alba Martínez de 2º de ESO e Luis Manuel García, de 1º de BAC.
  • Alocución dos alumnos e alumnas de 2º de BAC (Sandra, África, Ricardo e David)
  • "Chachachá", novo balile de Alba e Luis Manuel
  • Entrega de diplomas aos alumn@s de 2º de Bacharelato
  • "Nubes del cielo", música e baile a cargo d@s alumn@s de 2º de Bacharelato e alumnos e alumnas de 3º ESO A, dirixidos e acompañados polo profesor Suso Iglesias.
  • Segunda Entrega de diplomas aos alumn@s de 2º de Bacharelato.
  • "Somewhere over the Rainbow", interpretada pol@s alumn@s de 2º de ESO e 2º de Bacharelato, e dirixid@s pola profesora María Varela.
  • Proxección do trailer de "Pedigree".
  • Proxección do vídeo de despedida 2012
Paris_Comedie-Francaise.jpg

Xornada Anual de Esculturas de Area

O vindeiro xoves día 24 alumn@s da materia de Plástica de 3º , 4º ESO e 1º ,2º de bacharelato asistirán a unha Xornada Anual de ESCULTURAS DE AREA que se celebrará na praia da Lanzada, O Grove. Os nosos alumnos estarán acompañados polos alumnos franceses que están de intercambio esta semana. A actividade está organizada polo IES Monte da Vila do Grove. O obxectivo  é realizar unha actividade creativa só utilizando materiais ecolóxicos respectando a natureza e fomentar o trabalo en equipo.

Visita alumn@s franceses

A vindeira semana dende o día 21 ata o venres 24  contamos coa presenza dun grupo de vinte e seis alumnos franceses e catro profesores que nos devolven a visita que un grupo de alumnos do centro fixeron as súas casas no pasdo mes de marzo, compartiremos algunhas actividades con eles como a Xornade Anual De Esculturas de Area no Grove  e visitarán Santiago, Coruña....Benvidos

Visita a Sotavento e a Fundación Barrié

O alumnado de 2º ESO realizará mañá, día 16, unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermeade, Lugo) e pola tarde visitarán a Fundación Barrié (con sede na Coruña) onde asistirán á charla "Supercomputación, ¿ top secret" impartida por don Guillermo López Taboada, profesor e investigador do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) da Facultade  de Informática da Universidade da Coruña.

Correlingua

O vindeiro luns 14 de maio o alumnado de 1º ESO acudirán ao CORRELINGUA en Silleda, actividade organizada polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.

Proxecto Terra

Os próximos días 11 e 12, venres e sábado, o alumnado de e 4º ESO da materia de Tecnoloxía realizarán unha visita a Allariz dentro do Proxecto Terra ( organizado polo  Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía.

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves, día 10, os alumn@s de 3º ESO B realizarán unha saída ao Río Liñares enmarcada dentro do Proxecto Ríos.Actividade organizada polo departamento de Ciencias.

Charla e visita a Feiraco

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) impartirá unha charla o vindeiro martes, día 8, a alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Economía e ao alumnado de 3º de ESO da optativa Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Seguidamente realizarán unha visita ás instalacións da Cooperativa Feiraco (Negreira), visita programada pola propia AGACA.

Distribuir contido