Extraescolares

Saídas a Santiago de Compostela

Nas primeiras semanas do mes de xuño tiveron lugar unhas saídas culturais a capital de Galicia organizadas polo departamento de Relixión e o de Xeografía e Historia, destinadas a alumnos/as de 2º e 3º da ESO, nas que se visitaron os tellados da Catedral e o Museo do Pobo Galego.

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro xoves,  5 de xuño, en horario de 8:45 horas a 14:25, os alumnos/as de 3º ESO da materia de Relixión visitarán a cidade de Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo departamento de Relixión, desenvolverase segundo o seguinte programa: visita guiada ao Museo do Pobo Galego e percorrido polo Centro Histórico da cidade..

museo pobo galego.jpeg

"Entre as pedras de Compostela e tellados da Catedral''

O vindeiro xoves,  29 de maio, en horario de 8:45 horas a 14:25, os alumnos/as de 2º ESO visitarán a cidade de Santiago de Compostela realizando a actividade ''Entre as pedras de Compostela'', visita e xogo de orientación pola Cidade Histórica de Santiago. Así mesmo subirán aos tellados da Catedral. A actividade está organizada polos departamentos de Relixión e de Xeografía e Historia.

platerías.jpeg

SAÍDA "PROXECTO RÍOS"

O vindeiro martes, día 27 de maio, terá lugar a 2ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO A e C acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.

prox. rios.jpeg

Primeiro disco do bacharelato artístico e musical do IES Manuel García Barros

Os/as alumnos/as do bacharelato artístico musical do IES García Barros gravan un disco como proxecto final de estudios. É o primeiro traballo discográfico levado a cabo nun centro escolar galego baseado en estándares de jazz. Este traballo, dirixido polo seu profesor Miguel Carbajal, será presentado o 27 de maio as 21:00 horas  no museo do Mome da Estrada. Colabora cos gastos de gravación a Concellería de Cultura do Concello da Estrada.

Informa sobre o evento www.catrogatos.com, El Faro de VigoLa Voz de Galicia.

jazz carbajal_izda.jpg

CORRELINGUA 2014

Un ano máis, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, terá lugar o vindeiro luns, 12 de maio, na localidade da Estrada, o CORRELINGUA, con actividades lúdicas en defensa do noso idioma. O noso centro estará representado polo alumnado de 1º da ESO.

COLABORACIÓN DO IES GARCÍA BARROS COA ESCOLA INFANTIL ELFOS

A escola infantil Elfos, dentro do seu Programa Educativo, está a lograr unha apertura a sociedade, interrelacionándose con outras realidades dentro e fóra da escola. Neste senso dentro do programa “filosofía para nenos”, no apartado Filosof-ARTE, tratamos de introducir aos nenos e nenas de un a tres anos nos procesos de creación artística. Para iso o departamento de Plástica do MGB colabora con nós, para elaborar unha “Pintura Mural” nunha parede da escola infantil “ELFOS”. Este mural foi deseñado por André Díaz Cerviño (exalumno de ELFOS) e será pintado polos alumnos/as do Bacharelato de Arte do IES (algúns deles antigos alumnos/as da devandita escola) dirixidos polo profesor Xoán Xosé Pérez.

La Voz de Galicia (aquí) e El Faro de Vigo (aquí) informaron sobre o evento.

A foto dos nosos alumnos pertence ao primeiro dos xornais citados.

mural andre.JPG

Vindeiras saídas didácticas do Departamento de Tecnoloxía

Esta semana o Departamento de Tecnoloxía do centro organiza as seguintes saídas didácticas por cursos:

  • Martes 29 de abril: o alumnado de 2º de ESO visitará pola mañá o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizará un roteiro de sendeirismo polas Fragas do Eume (actividade organizada en colaboración co Departamento de Ciencias Naturais).
  • Mércores 30 de abril: o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC, que cursan respectivamente as asignaturas de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial, visitarán ao longo da mañá ás centrais térmica e de ciclo combinado das Pontes (As Pontes de García Rodríguez - A Coruña) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña)

SAÍDA DIDÁCTICA A CELANOVA.

O vindeiro martes, 29 de abril, terá lugar unha saída cultural á vila e comarca de Celanova. Organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, vai dirixida ao alumnado desta materia correspondente aos cursos de 3º ESO e 1º e 2º de BAC. A actividade desenvolverase segundo o seguinte programa: concerto e posterior visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, percorrido literario pola vila con lectura de textos de Celso Emilio Ferreiro e de Curros Enríquez e visita ao xacemento  arqueolóxico de Castromao, nas proximidades de Vilanova dos Infantes.
 

celanova.jpeg

SAÍDA CULTURAL A PONTEVEDRA

O vindeiro venres, 25 de abril, o alumnado do Bacharelato de Artes realizará unha visita a cidade do Lérez visitando a Facultade de Belas Artes e o Garaxe Hermético. A actividade, organizada polo departamento de plástica, desenvolverase en horario de 08:45 a 14:25. Os alumnos/as asistentes estarán acompañados polos profesores do centro, Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez.

bellas artes.jpeg

Viaxe de 4º ESO á Costa Dourada

Xa está publicado na web de Actividades do MGB o programa da viaxe á Costa Dourada. Na excursión participarán 36 alumnos/as e desenvolverase dende o luns 7 ata o domingo 13 do vindeiro mes de abril. Na viaxe visitarán Zaragoza, Barcelona, Tarragona e Logroño. Estarán acompañados polos profesores do centro, Mary Villar e Miguel Bugallo.
Para máis información da viaxe prema aquí.

Festival de teatro grecolatino de Lugo 2014

O vindeiro luns día 24 de marzo, un grupo de 32 alumn@s de 4º ESO e 2º de bacharelato acudirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire".  As representacións deste ano serán a traxedia "Hipsipila" de Eurípides e da comedia"Aulularia" de Plauto.

* Fotografía de Miguel Bugallo

ALUMNADO DO MGB DE VISITA EN PORTO.

Os vindeiros venres 21 e sábado 22, alumnos/as de  1º de Bacharelato das materias de música e antropoloxía realizarán unha saída cultural a Porto visitando o “ Musseu Serralves” e asistindo ao taller creativo “fábrica de sons” e ó curso “músico por un día”. Estarán aloxados na “Pousada da xuventude” da cidade lusa. A actividade está organizada polos profesores María Varela e Arturo Vizcarra.

musseu serralves.jpeg

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Os alumnos/as de 2º de bacharelato realizarán unha visita á cidade do Apóstolo o vindeiro martes, 18 de febreiro, visitando “Meteogalicia”, a catedral de Santiago (tellados e escavacións) e o Museo das Peregrinacións. A saída rematará cun percorrido petrolóxico polo casco histórico da cidade. A actividade, organizada polos departamentos de xeografía e historia e bioloxía, desenvolverase nun horario aproximado de 08:45 a 19:00 horas e será levada a cabo polas profesoras, Magaly Barreiro, Beatriz Mera e Esther Sánchez.

Catedral_de_Santiago_de_Compostela_10_0.jpg

CAMPO A TRAVÉS

O pasado xoves 27 alumnos/as do MGB de 1º, 2º e 3º de ESO participaron na fase comarcal de Campo a Través, dentro do programa de deporte escolar. Os nosos alumn@s acadaron uns bos resultados, rematando todos as súas probas e ocupando, algúns deles, as primeiras posicións nas distintas categorías. Podemos destacar o 1º, 2º e 3º posto de Sandra Constenla, Jennifer Servide e Adela Díaz na categoría cadete feminina; o 3º posto de Luis Brea na cadete masculina; o 1º posto de Clara Rivadulla en infantil feminino; e o 2º e 4º postos de Alejandro Gulias e Hugo Escudero en infantil masculino. Parabéns a todos polos vosos resultados.

Distribuir contido