Extraescolares

Visita a Meteogalicia e á catedral de Santiago

O vindeiro mércores 2 de decembro o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato e o de Fundamentos da Arte de 1º de Bacharelato realizarán unha visita ás instalacións de Meteogalicia en Santiago, ás cubertas da catedral e ó casco histórico da cidade. Sairán do centro ás 08:45 e regresarán ás 14:25 horas.

plaza-de-las-platerias.jpg

Visita cultural aos concellos de Bande e Lobios (Ourense)

Dentro do programa de actividades extraescolares para o curso 2015-2016, terá lugar o vindeiro martes, 24 de novembro, unha saída organizada polo departamento de Latín, en colaboración co de Xeografía e Historia, destinada ao alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego (3º,4º de ESO e Bacharelato), co seguinte programa: Portela do Home, visita aos miliarios romanos e ruta a pé pola Vía Nova (5 km); Corga da Fecha, visita á pousada romana de Aquis Originis; campamento romano de Aquis Querquennis, visita e baño nas termas. A hora aproximada de regreso son as 20:30 h.

6921604881_c9cc78b5f3.jpg

Película "A praia dos afogados"

O vindeiro xoves 29 de outubro o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato   asistirá á proxección da película "A praia dos   afogados" na AGASP (Academia   Galega de Seguridade Pública). Sairán do centro ás 12:00 e voltarán ás 14:25   horas. Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e   Literatura.

Pero a tu lado (Despedida 2014/15)

Presentamos hoxe un dos vídeos do acto de despedida 2014/15. Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interpretan "Pero a tu lado", baixo a Dirección musical de María Varela.

Podedes ver todos os vídeos nesta lista de reprodución.

Saída cultural de 1º bacharelato

Alumnado de 1º de bacharelato, das materias de economía e historia do mundo contemporáneo, visitarán o vindeiro xoves, 21 de maio, as minas de Fontao no concello de Vila de Cruces e o mosteiro de Carboeiro no concello de Silleda. A actividade está organizada polo departamento de economía. Os alumnos/as asistentes estarán acompañados polas profesoras, Juana Lasheras Ana Fernández.

carboeiro.jpeg

Correlingua 2015

O próximo venres, o alumnado de 1º da ESO e do grupo de PDC de 3º da ESO participará no Correlingua 2015 ("O galego, a nosa creación común"). A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas do vila xunto co alumnado doutros centros da comarca e nun concerto na Praza da Feira, que será presentado por Isabel Risco. A participación do noso centro está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

A nosa creación común.jpg

Excursión a París

Premendo aquí poden acceder as fotos da excursión que realizaron a París os alumnos deste Centro.

Visita de estudos do alumnado de 3º de ESO ao centro de educación ambiental das Corcerizas (Ourense)

O vindeiro mércores 29 de abril, o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO realizará unha visita de estudos ao centro de educación ambiental das Corcerizas, situado no corazón da Serra de San Mamede (Vilar de Barrio - Ourense), o cal é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, o tratamento alternativo dos residuos e a bioconstrución.

corcerizas.jpg

Saída a Santiago de Compostela

O vindeiro venres, 17 de abril, alumnado de 1º da ESO do noso centro realizará unha saída cultural a Santiago de Compostela onde visitarán Meteogalicia e o Museo de Historia Natural. A actividade está organizada polo Departamento de Xeoloxía e Bioloxía.

naturais3.jpeg

Saída Cultural: “A CELANOVA DE CURROS E DE CELSO EMILIO FERREIRO”

Organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura terá lugar o vindeiro xoves, 9 de abril, unha saída a Celanova, desenvolvéndose entre outras as seguintes actividades: visita ao Mosteiro de San Salvador co coñecemento arquitectónico do Mosteiro (retablos, claustro, pinturas, coro...), coñecemento do funcionamento do órgano da Igrexa realizando unha actividade musical,  visita á “Casa dos poetas”, casa natal de Curros Enríquez onde se percorrerá o museo de Curros e de Celso Emilio e visita ao Castro de Castromao.
A actividade vai dirixida ao alumnado de Bacharelato (1º e 2º ). Os alumnos/as estarán acompañados polos profesores, María Varela, Carlos Loureiro, Lourenzo Álvarez e Miguel Carbajal.

galego2.jpg

Saída Cultural a Valencia

Alumnos/as de 4º ESO do noso centro viaxarán do 23 ó 27 de marzo á cidade de Valencia. A viaxe realizarase en voo directo dende o aeroporto de Santiago. Na cidade coñecerán os arredores, Sagunto, a Albufeira e a cidade da costa levantina (lonxa, catedral, Museo das Artes e as Ciencias,...) Estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Beatriz Mera e Teresa Filloy.

valencia 1.jpeg

Saída Cultural a París

Alumnado da materia de francés ( cursos 3º ESO e 1º BACH) viaxarán a cidade de PARÍS entre os días 19 e 23 de marzo, visitando na capital francesa: Arc de Triomphe, Champs ElyséesChamp-de-Mars, Esplanade des Invalides, Bateau-bus, Louvre, Notre Dame, Saint Michel, Montmartre, Sacré Coeur e Torre Eiffel. A actividade está organizada polo departamento de francés. Os alumnos/as participantes estarán acompañados polas profesoras do centro, Chelo Vázquez e Patricia Pérez.

paris louvre.jpeg

Saída do Bacharelato de Artes Plásticas

Alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato visitarán o vindeiro mércores, 18 de marzo, a Fundición de Campás de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) e ao taller do escultor Francisco Pazos en Meaño. Estarán acompañados polos profesores, Xoan X. Pérez e María Armada.



escultor.jpeg

Saída a Picos de Europa

Por fin! Xa temos o video da actividade organizado polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia a Picos de Europa.

Día de Rosalía

Onte celebrouse no MOME da Estrada un acto poético-musical en lembranza á nosa sobranceira poeta Rosalía de Castro. As alumnas deste centro TAIDA SÁNCHEZ REGO (1º Bacharelato) e LUCÍA TILVE GARCÍA (2º Bacharelato) recitaron neste acto sendos poemas da obra Follas Novas, ao carón de demais representantes de todos os centro de ensino da Estrada.

       

Distribuir contido