Extraescolares

Saída a Lugo

O vindeiro luns, 2 de marzo, alumnos/as do noso centro, dos cursos 3º e 4º da ESO (das materias de cultura clásica e latín) e de e de Bacharelato (da materia de latín),  visitarán a cidade de Lugo e o Auditorio Gustavo Freire, onde asistirán, en sesións de mañá e tarde, ás representacións de teatro clásico seguintes:
 
 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid).
 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)

 A actividade está organizada polo Departamento de Latín, acompañando aos alumnos/as os profesores, Beatriz Mera e Álvaro Pérez.

lugo.JPG

Saída cultural á cidade de Santiago

O vindeiro martes, 10 de febreiro, alumnado do noso centro, correspondente aos cursos de 2º ESO e 2º BACH (materias, Arte e Xeoloxía) visitarán a capital de Galicia. Entre outras, levarán a cabo as seguintes actividades: visita aos tellados e ao Museo da Catedral, visita ao Museo de Ciencias Naturais, paseo petrolóxico pola cidade e xogo de orientación no casco histórico. A actividade está organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Relixión e Xeoloxía e Bioloxía. Contará coa colaboración da asociación cultural Tesouros Novos da Estrada.

catedral santiago.jpeg

Sesións de Primeiros Auxilios

Alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato da materia de Educación Física levarán a cabo durante a vindeira semana (do 9 ó 13 de febreiro) unhas sesións de primeiros auxilios na Academia Galega de Seguridade. Os contidos a desenvolver son os seguintes: secuencia da RCP básica, inmovilización da zona cervical, traslado dun accidentado, actuación ante patoloxías comúns coma hemorraxias nasais, queimaduras, golpes de calor, feridas, etc. As actividades terán lugar nas horas de docencia dos respectivos grupos.

Saída cultural á POBRA

Alumnos/as das materias de emprendedores (3º ESO) e economía (2º BAC) visitarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, as instalacións da empresa CONGALSA, S.L, situada no parque empresarial da POBRA DO CARAMIÑAL. A actividade, organizada polo departamento de Economía, desenvolverase en horario de maña entre as 9:00 e as 14:25 horas. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras do centro, Juana Lasheras e Teresa Filloy.

congalsa.png

Galerías de imaxes das saídas didácticas do Departamento de Tecnoloxía

O pasado mes de novembro, o Departamento de Tecnoloxía do centro organizou as seguintes saídas didácticas por cursos:

SOTAVENTO / MUNCYT

  • Martes 18 de novembro: o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de BAC, visitou ao longo da mañá a antiga central hidroeléctrica de Segade (Caldas de Reis) e posteriormente o centro de investigación de materiais e tecnoloxía láser AIMEN (O Porriño). Pola tarde realizaron diversas actividades que organizou a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo con motivo da semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

CENTRAL SEGADE / AIMEN /ETSE MINAS

Os Afar no nome do MGB no Parlamento de Strasbourg

Presentámovos o vídeo coa intervención das portavoces dos Afar no Parlamento Europeo na xornada Euroscola do pasado 28 de novembro. Tamén podedes ler a noticia do Faro de Vigo que publicaron o sábado 29.

A Coruña romana

Este é o vídeo da visita realizada o pasado martes 18 de novembro polos alumnos de Latín e Cultura Clásica ao museo do Castelo de Santo Antón e á Torre de Hércules na Coruña.

Premio Euroscola 2014: participación dos Afar no Parlamento de Estrasburgo

O vindeiro venres 28 o equipo Afar, un dos doce gañadores do Premio Euroscola 2014, participará nunha sesión do Parlamento Europeo de Estrasburgo xunto con equipos dos restantes países da Unión Europea.

Lucía Vázquez, Andrea Durán e María Durán serán as encargadas de presentar ao equipo e ao centro nunha sesión plenaria. Falarán respectivamente en inglés, francés e galego.

Podedes seguir a sesión nesta ligazón.

Aproveitamos para volver a agradecer a todos os que dun xeito ou outro prestástedes algunha axuda ao equipo.

Saída cultural á cidade de Porto

Organizada polos departamentos de Música e Filosofía terá lugar, os días 28 e 29 de novembro (venres e sábado), unha visita de alumnos/as de e de bacharelato do noso Centro á cidade lusa de Porto. Durante a mesma realizaranse as seguintes actividades: visita ao Musseu Serralves e ao Centro Histórico da cidade, e realización do curso “Músico por un día: instrumentos tradicionais portugueses”. O alumnado estará acompañado polos profesores: María Varela e Arturo Vizcarra.

museo serralves.jpeg

Premios Ouff escola en Ourense

O vindeiro mércores, 19 de novembro, terá lugar a gala de entrega de premios Ouff Escola a que acudirá o noso instituto que acadou un dos galardóns. Asistirán os alumnos/as de 1º bacharelato de cultura audiovisual acompañados polos profesores, Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal. Parabéns polo traballo levado a cabo o pasado curso  que mereceu este recoñecemento.

ouff escola.jpeg

Saída Cultural á Cidade de A Coruña

Alumnos/as do IES Manuel García Barros visitarán o vindeiro martes, 18 de novembro, a cidade da costa noroeste galega, visitando o Castelo de San Antón e a Torre de Hércules. A actividade, organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Latín, vai dirixida a alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato (das materias de latín e cultura clásica).

torre de hercules.jpeg

Saída aos Picos de Europa

Alumnos/as do IES Manuel García Barros correspondentes aos cursos de 3º ESO e 2º de BAC realizarán unha excursión aos Picos de Europa onde realizarán, entre outras, as seguintes actividades: ruta polo río Cares, Fonte De con subida ao teleférico e visita as covas de Tito Bustillo. A actividade, organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia, terá lugar entre o xoves 9 e o domingo 12 de outubro. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Magaly Barreiro e Beatriz Mera.

picos.jpeg

Visita do MGB á Feira do Moble da Estrada.

Alumnado do noso centro correspondente aos cursos de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC realizarán unha visita o vindeiro martes, 23 de setembro, en horario de mañá e tarde, á nova edición da Feira do Moble da Estrada. Durante a mesma os alumnos/as asistirán a dúas charlas sobre “cooperativismo” e “atención ó cliente” e percorrerán parte da exposición. A actividade forma parte da programación do Departamento de Economía.

ndice.jpeg

Saída cultural a Roma

Os alumnos/as de Bacharelato viaxarán a capital italiana. A saída terá lugar o sábado, 21 de xuño, do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) ás 14:00h. O regreso está previsto para o mércores, 25 de xuño. Estarán acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez. Se desexas unha información máis completa da viaxe consulta o “planingnesta ligazón.

piazza navona.jpeg

Saída cultural Bueu, Cangas, Illas Cíes

O vindeiro martes, 17 de xuño, en horario approximado de 08:45 a 20:30, terá lugar unha saída do alumnado de 2º e 3º da ESO. A actividade, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, desenvolverase segundo o seguinte programa:
- Visita ao Museo Massó no concello de Bueu.
- Saída cara o porto de Cangas para embarcar con destino ás illas Cíes
- Visita guiada por este espazo protexido pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

illas cies 2.jpeg
Distribuir contido