Extraescolares

Saída cultural a Santiago de Compostela

O alumnado de 1º e 2º bacharelato de artes realizará unha saída o vindeiro mércores, 24 de abril, a Santiago onde visitarán Escenoset, a Escola de Artes Mestre Mateo e o Pazo Fonseca (exposición de pintura de J. Méndez). Os alumnos/as estarán acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez.

Excursión Proxecto Terra

Os próximos días 12 e 13 de abril, o alumnado de 3º de ESO da materia de Tecnoloxía realizarán dous tramos guiados do Camiño Francés a Santiago, concretamente entre as localidades de Pedrafita do Cebreiro e Samos. Esta actividade está organizada e cofinanciada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do Proxecto Terra.

camino-de-santiago-1.jpg

Saída literaria a Celanova

O próximo xoves día 11, o alumnado de 4º da ESO e o grupo de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade de 2º de bacharelato acudirá a Celanova e a Vilanova dos Infantes para realizar unha actividade literaria arredor das figuras de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. A saída inclúe a visita á Casa dos Poetas (casa natal de Curros), un roteiro literario e a visita a diversos lugares da comarca importantes na vida e na obra dos citados autores.

foto curros 2.jpg

Imaxes da viaxe a Porto

Xa están subidas neste álbum de Flickr as fotos da viaxe a Porto.

8567519017_6c372cf6d2.jpg

Programa da Viaxe a Andalucía

Xa está publicado na web de Actividades do MGB o programa da viaxe a Andalucía de 4º da ESO. Na excursión participarán 35 alumnos e será dende o venres 17 ao sábado 22 de marzo. Como profesoras irán Esther Sánches e Beatriz Mera.

Captura de pantalla 2013-03-06 a las 19.11.03.png

Teatro grecolatino en Lugo

Mañá martes día 5, un grupo de alumn@s de 4º ESO , e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire", e asistirán á representación da traxedia "Ifixenia en Áulide" de Eurípides e da comedia "Casina" de Plauto.

* imaxe de Miguel Bugallo en Flickr

6860506818_84f85fe658.jpg

Fotos da saída a Santiago

Xa están subidas á nosa galería de Flickr as fotografías da saída a Santiago para visitar a catedral e a exposición Gallaecia Petrea, realizada polos alumnos de de Arte e Xeoloxía.

8525868364_729bb1c38b.jpg

SAÍDA CULTURAL A PORTO

O alumnado de bacharelato visitará a cidade lusa de Porto os días 7 e 8 de marzo, dentro do programa de actividades extraescolares aprobadas no Consello Escolar para o curso 2012/13. Na mesma terán oportunidade de coñecer o Musseu, o Parque Serralves e a Casa da Música. Os alumnos/as viaxarán acompañados dos seus profesores, Xoán Xosé Pérez Vieitez e Miguel Carbajal Porto.

porto.jpeg

ARQUEOCAMPO

Os alumnos/as de 1º ESO realizarán unha saída cultural, “Arqueocampo”, organizada por “Tesouros novos” e o concello de A Estrada. Ten carácter gratuíto, levarase a cabo ao longo de tres días ( 4, 5 e 6 de marzo) desenvolvéndose na Fundación de Exposicións e Congresos,Pavillón nº 3 (A Estrada). É unha actividade de divulgación científica dirixida a escolares que permite aos/ás asistentes converterse en “arqueólogos/as” segundo unha simulación de traballo que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio. O alumnado coñecerá tódalas fases da cadea do traballo arqueolóxico, escavación, manipulación de materiais e experimentación, para o que se creou unha simulación de dúas cabanas castrexas.

castro.jpg

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro martes, 26 de febreiro, os alumnos/as de 2º de BACH de arte e xeoloxía realizarán unha saída cultural a Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde. Na actividade está previsto a realización dun percorrido petrolóxico pola parte antiga da cidade, unha visita á Catedral (interior, cubertas e escavacións), ao Pazo Xelmírez e a exposición de “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura. Os alumnos/as viaxarán acompañados polas profesoras Magaly Barreiro e Beatriz Mera.

foto santiago.com

TEATRO EN GALEGO: "PELOS NA LINGUA"

O próximo día 8 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistirá no teatro Principal de Santiago á representación da obra Pelos na lingua do grupo Talía Teatro. A obra, unha comedia de sketches de varios autores que aborda a temática da situación sociolingüística do noso país, foi galardoada o pasado ano cos premios María Casares e Max no apartado de mellor texto dramático en galego.

DEPORTE ESCOLAR

Este venres 18 un grupo de 40 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campeonato escolar de cross que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a disfrutar moito desta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.

Por mor da climatoloxía,  a actividade deportiva foi suspendida. Terá lugar, se o tempo acompaña, o venres, 25 de xaneiro.

Saída cultural de 4º ESO. Curso 2012/2013

Convócase aos pais/nais/titores dos alumnos/as que teñen previsto participar na excursión de 4º ESO, a unha reunión informativa cos profesores que a organizan, e que se celebrará no salón de actos do instituto o xoves, 29 de novembro, ás 18:15 horas. Á mesma poderán asistir os/as alumnos/as participantes.

Saída cultural ao concello de Lobios

 

  Dentro do programa de actividades extra escolares para o curso 2012-2013, terá lugar o vindeiro martes, 13 de novembro, unha saída organizada polo departamento de latín co seguinte programa: Portela do Home, visita aos miliarios romanos e ruta pola Vía Nova (5 km); Corga da Fecha, visita a pousada romana de Aquis Originis, campamento romano de Aquis Querquennis, visita e baño nas termas. Asistirán alumnos/as de latín dos cursos de 4º eso, 1º de bach e 2º de bach. O regreso está previsto para as 20:30 h.

Proxecto Ríos.

A actividade do "Proxecto Ríos", organizada pola profesora Loly Castro, que foi aprazada o pasado mércores, 24 de outubro, desenvolverase o vindeiro martes, 30 de outubro.

Distribuir contido