Extraescolares

DEPORTE ESCOLAR. CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, un grupo de 30 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campionato escolar de campo a través que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a pasalo ben con esta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.

cros500.JPG

XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS.

O vindeiro sábado, 16 de novembro, o alumnado do MGB de 2º bacharelato correspondente á materia de Literatura Galega do século XX e da actualidade viaxará invitado pola organización do acto á Cidade da Cultura por mor dunha actividade de xuntanza dos/das gañadores/as do Premio de Novela García Barros ao longo dos seus vintecinco anos de existencia.

 

250px-Manuel_García_Barros.jpg

SAÍDA CULTURAL PROXECTO RÍOS.

O vindeiro mércores, día 23 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO B acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro. A actividade desenvolverase en horario matinal, de 10:25 a 13:35 horas.

No caso de mal tempo a saída tería lugar o vindeiro mércores, 30 de outubro.





prox. rios.jpeg

SAÍDA CULTURAL AOS CANÓNS DO SIL.

Dentro da programación de actividades extraescolares para o curso 2013-2014 aprobadas no consello Escolar, alumnos/as do IES desprazaranse á Ribeira Sacra e ós Canóns do Sil onde realizarán un percorrido en “catamarán” e visitarán os Embalses, o mosteiro de San Estevo e o de San Pedro de Rocas. A actividade vai destinada ao alumnado de 2º Bacharelato (Xeoloxía, Xeografía e Arte), e terá lugar o vindeiro luns, 14 de outubro en horario de 08:45 a 20:00 horas. A organización da visita corresponde aos departamentos de “Bioloxía e Xeoloxía” e “Xeografía e Historia”. O alumnado estará acompañado polas profesoras: Beatriz Mera, Esther Sánchez e Magaly Barreiro.

canon do sil 2.jpeg

ALUMNOS/AS DO IES GARCÍA BARROS NA FEIRA DO MOBLE.

O vindeiro venres, 20 de setembro, alumnado das materias, “obradoiro de iniciativas emprendedoras” (3º ESO) e economía (1º e 2º de Bacharelato) realizarán unha visita a “feira do moble” en A Estrada dentro das xornadas de cooperativismo e empresa”. Os alumnos/as asistirán a unhas charlas informativas e farán un percorrido pola exposición “Descobre as cooperativas”. Estarán acompañados por profesorado do centro.

feira moble.jpeg

Videos do acto de despedida

Xa están subidos nesta lista de reprodución da nosa canle de Youtube os 10 vídeos gravados no acto de Despedida 2013. Entre eles están o discurso de Carlos Loureiro, o discurso do alumnado de 2º e a primeira e segunda actuacións dos alumnos de música de 1º de BAC.

Captura de pantalla 2013-06-06 a las 10.42.54.png

Álbum de fotos "Despedida 2013"

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as imaxes da Despedida 2013, unhas fermosas fotografías tomadas e retocadas pola profesora Magaly Barreiro.

Homenaxe a Carme Montero

Un dos momentos máis emotivos da homenaxe á nosa compañeira Carme Montero foi a actuación musical protagonizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO e dirixidos pola profesora María Varela. Para os que non puideron estar alí deixamos aquí uns versos e o vídeo da canción interpretada.

(...) De alguna manera 
tendré que olvidarte, 
por mucho que quiera 
no es fácil, ya sabes, 
me faltan las fuerzas, 
ha sido muy tarde 
y nada más, y nada más, 
apenas nada más (...)

Despedida 2012/13

Xa están dispoñibles na nosa canle de YouTube os vídeos proxectados no acto de despedida. Ademais da cabeceira creada pola profesora Marisa Otero, á que puxeron voz moitos profesores do centro, están os vídeos das clases de 2A, 2B, 2C, e o Harlem Shake final, filmados e editados polos alumnos de TICs de 1BAC. Que os disfrutedes! 

* Se alguén quere o vídeo completo en formato orixinal HD, que pase por Informática 1 en horario de clase de TICs cun lapis de memoria con máis de 1GB libre.

 

Proxecto Ríos. Segunda saída.

O vindeiro mércores, día 22 de maio, terá lugar a 2ª saída enmarcada dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO C acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns, onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Os alumnos/as da materia de Relixión de 1º ESO viaxarán o vindeiro martes, 21 de maio a Santiago de Compostela, onde realizarán unha visita guiada ó Museo das Peregrinacións e un percorrido polo casco histórico da cidade. A actividade está organizada polo departamento de Relixión.

relixión.jpeg

ASISTENCIA Á OBRA DE VIDAL BOLAÑO DÍAS SEN GLORIA

Onte, luns o alumnado de 1º de bacharelato acudiu ao Teatro Principal da Estrada para asistir á obra de R. Vidal Bolaño Días sen gloria, representada polo Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Fefa Noia e interpretada por Manuel Manquiña, Sergio Zearreta e Eva Souto. A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura e foi financiada polo Concello da Estrada.

CORRELINGUA

Un ano máis, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, terá lugar o vindeiro mércores, 8 de maio, na localidade de Silleda, o CORRELINGUA, con actividades lúdicas en defensa do noso idioma. O noso centro estará representado polo alumnado de 1º da ESO. Máis información en http://www.correlingua.org/

Excursión a Sotavento e á Domus do alumnado de 2º de ESO

O alumnado de 2º ESO, como actividade extraescolar do Departamento de Tecnoloxía, realizará o vindeiro martes 30 de abril unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermade, Lugo), onde realizarán actividades relacionadas coas enerxías renovables e o aforro enerxético. Pola tarde desprazaranse á Domus da cidade da Coruña, onde visitarán a exposición Eureka sobre ciencia e creatividade.

sotavento_domus.png

Fotos da viaxe de estudos do alumnado participante no Proxecto Terra

Xa están subidas á galería de imaxes Flickr do centro as imaxes correspondentes á viaxe de estudos que dentro do Proxecto Terra realizou o alumnado de Tecnoloxía de 3º da ESO entre os días 12 e 13 de abril, na cal percorreron varios tramos do Camiño Francés a Compostela, concretamente entre O Cebreiro e Samos. Para ver as imaxes pincha aquí.

proxecto_terra_2013.png
Distribuir contido