Skip to Content

Marzo, marzal...

Marzo é o mes da muller, por iso mesmo mudamos o noso expositor para poñer libros que axuden a visibilizar a muller na literatura, a súa obra, os problemas que afronta no día a día...

Fixemos obradoiros para realizar chaveiros  para agasallar á "muller imprescindible na nosa vida". Tamén se fixeron lazos violetas conmemorativos do 8 de marzo.

Pero este marzo trouxo máis cousas. Comezouse cun concurso para ver que coñecementos ten o noso alumnado das antigas ferramentas relacionadas coa roupa. A primeira  foi a espadela. Un alumno de 2º ESO (Ismael) foi o que acertou o seu nome. Os segundos obxectos doron os ferros de pasar. Desta volta foi tamén un alumno de 2º ESO, Unai, quen acertou o seu nome e como se empregaban.

En marzo deixounos o pai de personaxes como Son Goku ou Arale., Akira Toriyama. O club de manda reaalizou unha homenaxe ao autora e á súa obra.

Para o proxectou roupa contamos coa presenza dunha muller que é capaz de falar da roupa tradicional cunha paixón contaxiosa, Montse Rivera. Con ela coñecimos as distintas pezas de roupa, o seu uso, as variacións, tecidos... Unha auténtica gozada.

E esta ano, marzo, ramata coa Páscua. Houbo un obradoiro, nos recreos activos, para decorar oviños de chocolate e realizouse un concurso para que descubrisen as palabras relacionadas coa Páscua, agochadas nos oviños.

Rosalía

En febreiro conmemoramos o día de Rosalía, o 23 de febreiro, data do seu nacemento. Dende a biblioteca elaboramos diferentes actividades: mudamos o noso expositor para poñer títulos da autora, realizouse un acto conxunto con outros centros da contorna no Porriño, fixemos unha ruada (a VII ruada rosaliana), organizouse un obradoiro de marcapáxinas, houbo un programa de radio especial e tivemos un acto na entrada do centro con todo o estudantado.

O prato forte é a nosa Ruada Rosaliana. Nesta VII edición o alumnado voluntario da ruada (alumnado de música e voluntariado da biblioteca) cantou versos de Rosalía no CEIP Antonio Palacios, en ACEESCA, no centro de día, no Froiz e no CEIP Ribeira.

Algunha desas canción formaron parte tamén do acto no centro. Neste acto leuse o manifesto que se lera na actividade conxunta no centro do Porriño.

Nos recreos activos elaboramos marcapáxinas e pezas colgantes de macramé coa figura de Rosalía, algúns deses marcapáxinas e colgantes foron agasallos para os lugares polos que se realizou a ruada.

Completouse a serie de actividades de conmemoración de Rosalía co programa de radio especial. Un programa que xirou ao redor da figura da nosa autora.

Cosermos versos

Este ano sacamos a nosa primeira colección dentro do Proxecto Roupa. Podedes vela "Colección biblioRibiera 23-24".

Entroido

O Entroido é unha das datas marcadas no calendario da BiblioRibeira. Unha semana de mandados da meca que consegue alegrar os invernos de febreiro. Este ano a meca tivo en conta o proxecto roupa da biblioteca e os seus mandados xogaron con iso: luns de roupa de profesións, martes de deporte, mércores de personaxe literario, xoves de traxes rexionais e venres liberdade para a escolla.

Ademais tivemos o concurso de bailes, cantigas e coplas. O alumnado afiou o lapis para crear coplas alusivas a diferentes aspectos da súa vida: as clases, os profes, os exames, as amizades e os amores...

Pola candeloria...

Comezamos o mes de febreiro en BiblioRibeira cun reto lector. as persoas participantes deberán cumprir os retos e selar o seu carnet do reto. Entre outros terán que ler un libro que fose adaptado ao cine ou televisión e un cómic ou novela gráfica. Teñen a ta o 1 de xuño para logralo.

O 2 de febreiro queiemos lembrar o día da Candeloria e relizamos un obradoiro de macramé e creamos colgantes con paxariños.

Ademais cambiamos o noso expositor para colocar diferentes títulos cun nexo de unión: a Paz. Así nos adiantamos ao día da Paz celebrado o 30.  Grúas de papel decoraraon a nosa biblioteca. Estas grúas foron elaboradas nos recreos activos.

O día 6 visitounos Paula Carballeira. Foi un honor poder contar coa premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Falounos do seu libro As alumnas e estivo co alumnado de 2º de bacharelato e mais tarde co club de lectura de adultos.

O año de xaneiro é o mellor carneiro

Este xaneiro viu cheo de actividades, charlas e cousas interesantes.

Comezamos coa exposición do mes. O día 30 de xanerio celébrase o día da Paz e buscamos no fondo de biblioteca libros para expoñer baixo ese lema. Tivemos títulos como Persépole, Gandhi ou Memoria do silencio. Ademais chegando ao día tivemos recreos activos para realizar grúas de papel.

Seguimos con obradoiros do proxecto roupa. O alumando realizou en titorías e en recreos activos pulseiras coa técnica do macramé.

Continuouse co pasapalabra, que xa ten moitos adeptos.

Xunto co departamento de bioloxía e Xeoloxía tivemos a exposición "descubrindo as rochas que pisas". Acompañounos o xeólogo Fran Canosa.

Tivemos música da man de Trovar-dos. O alumando de 1º Bacharelato gozou coa interpretación desta parella de textos de Romancero gitano.

Xunto co club de lectura tivemos a sorte de contar co autor Francisco Castro. Con el compartimos unha charla moi animada sobre o seu libro Tantos anos de silencio.

E para finalizar, o noso compañeiro Victor García, falounos dos bailes das "roupas brancas".

Exposición "descubrindo as rochas que pisamos

Visita do autor Francisco Castro

As danzas brancas

Pulseiras pola paz

Expositor do Dia da Paz

Trovar-dos

Pasapalabra

Obradoiro de grúas pola Paz

Visitas e premios

Durante a nosa III Feira do libro solidaria organizáronse varias actividades dende a biblioteca.

A primeira foi a visita da escritora Sonia Mirón. Presentounos o seu novo libro No son mariposas, son elefantes.

Nones Araujo estivo co alumnado do club de lectura de nais e pais falando da súa novela A madriña.

Aproveitando o espazo da Feira entregáronse os premios aos relatos gañadores do concurso de relato curto. Noa e Ismael foron os gañadores.

Recomendacións de Nadal

Este Nadal teremos tempo para viaxar a moitos mundos distintos e iso é posible coa lectura.

Estas son as recomendacións da biblio.

III feira do libro solidaria

Un ano máis a biblioteca inaugura en decembro a súa Feira do libro. Unha feira do libro especial, xa que busca ser solidaria con aquelas persoas da contorna que o precisan.

Esta é a terceira. Xa levamos dous anos colaborando na recadación de produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros e achegando libros ás familias, alumnado, persoal do centro.

Este ano a feira estará aberta de luns a venres no recreo, dende o martes 5 até o xoves 21 de decembro. A feira estará atendida polo alumnado voluntario da biblioteca.

Como funciona?

As persoas que queiran levar un libro só teñen que entregar a cambio algún produto dos mencionados: cueiros de bebé, un paquete de arroz...

Ademais esta feira está cargada de actividades complementarias: visita das escritoras Sonia Mirón e de Nones Araújo e entrega de premios do concurso de relato curto.

Ciencia en biblio

Novembro é o mes da ciencia na biblio. Dendo os distintos departamentos hai achegas de actividades para realizar nos recreos activos. Física, Química, Bioloxía, Matemáticas…



by Dr. Radut