Formación

Tú me aprendes. Memoria y olvido de un aprendiz de maestro

Jaume Cela Ollé Graó, 2011 — 143 páx.

 

Jaume Cela, maestro durante máis de 40 anos, lembra neste libro os seus primeiros anos na escola de Campo de la Bota (Cataluña), onde correxía ás “criaturas”que  lle decían “Tu me aprendes muy bien” e que agora entende como unha frase que encerra unha gran verdade: que ensinar e aprender son dúas realidades inseparables, que na escola quen ensina e quen aprende somos todos.

En cada capítulo lembra a unha das súas “criaturas” ás que nalgún momento acompañou no proceso de descubrir o mundo e das que se declara  “aprendiz”.

Cando lemos este libro é fácil identificarse  co autor e  emocionarse cos seus recordos porque  lembra  historias corrientes, anécdotas  que pasan en todas as escolas todos os días e que todos poderíamos contar, pero Jaume Cela engádelles un alto valor pedagóxico a través das reflexións que fai de cada vivencia.

 Con unha notable naturalidade fala de competencias, de atención á diversidade, de intelixencias múltiples, de educación emocional e resolución de conflitos... Un libro de plena actualidade sobre a realidade educativa.

 

María Teresa Díaz López

maitediaz@edu.xunta.es

CFR de Vigo

Sección: