CEE María Mariño Enderezo: Xubias de Arriba, 16, 15006, A Coruña Teléfono: 881961102 881961106 E-mail: cee.maria.marinho@edu.xunta.gal |
|||
Aberto o prazo de presentación de solicitudes das Becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; prazo que se extenderá dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024 (ambos inclusive). Guía para solicitar as axudas (premer aquí)
|
|||
Este sábado 4 de maio, mestres e alumnado do centro participaron no Día da Ciencia na Rúa organizado polo Concello da Coruña en colaboración con diversas institucións científicas e educativas; co obxectivo de achegar a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía, expoñendo técnicas de xardinería, viveirismo, e creando un hotel de insectos. Parabéns! |
|||
01/05/2024
- O pasado 23 de abril celebramos o día do libro no CEE María Mariño, cun programa de radio no que participou todo o centro. Comentamos libros lidos en clase e outros lidos na casa, por iniciativa propia do noso alumnado. Os máis apasionados lectores do noso centro aproveitaron a ocasión para recomendar os libros que máis lles gustaron aos seus compañeiros e compañeiras... Os intrépidos locutores que dirixiron o programa foron os alumnos dos programas formativos de Formación Profesional. Presentouse un elaborado guión do programa como se pode ver no enlace indicado a continuación: - O programa desenvolveuse en diversos momentos da xornada e ,ademáis das entrevistas mencionadas, lemos varios párrafos das aventuras de "O Inxenioso fidlago do Quixote da Mancha": as famosas frases do inicio, a loita contra os muiños de vento... Fixemos un pouco de historia sobre a primeira gramática de Europa, a castelá de Antonio Nebrija, e outros detalles de interese... Foi unha xornada moi intensa na que todos participamos...
|
|||
Hoxe desenvolvimos no centro unha actividade didáctica levada á práctica por axentes da Policía Nacional. Amosáronnos os seus equipamentos e achegáronnos diferentes aspectos das funcións e da importante labor que realizan as forzas e corpos de seguridade. Moitas grazas! |
|||
No día de hoxe, o alumnado realizou unha saída ao Aquarium Finisterrae da Coruña. A visita favoreceu o coñecemento e visualización da biodiversidade mariña nas distintas salas do acuario; incluido o espazo exterior, onde observamos ás focas mergullarse e tomar o almorzo. |
|||
23/04/2024 14:04
Xa que somos un centro aberto ao entorno e sensible ás necesidades da comunidade educativa, presentamos o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística #PaliquéochoEu pola necesidade de promover e dar valor á lingua mellorando a competencia lingüística no noso alumnado tanto de xeito oral coma escrito dun xeito divertido e motivador. Debido á nosa realidade social, na que as novas tecnoloxías e as redes sociais inundan todo, pensamos que pode axudarnos a motivar e a asentar as aprendizaxes nun contexto interesante para todos e todas. Coñecendo a nosa lingua e a nosa cultura aprenderemos a valorar e respectara nosa historia e cultura, o mesmo tempo que enriquecerán as nosasrelacións,persoaise colectivas con nós mesmos, e conoutros pobos. Por todo isto nace o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística #PaliquéochoEu no que compartimos e adoptamos saberes sobre a nosa lingua. Dende o mes febreiro e ata xuño cada mes coa axuda dos vídeos do #Dígocho Eu e os maiores do Centro de Día de Sada creamos contidos dunha temática diferente, os cales compartiremos con todos e todas vós para a aprendizaxe divertida e motivadora do galego. Silvia Varela, como galego falante e mestra neste proxecto, será o nosa estrela e guía. Adiante...a aprender moito galego!!! Nós estamos co galego!.
|
|||
Nesta xornada de venres, o alumnado involucrouse no obradoiro de experimentos proposto por mestres e estudantes do Grao de Bioloxía da Universidade da Coruña. Deste xeito, aprendemos sobre crustáceos, virus e vacinas, equilibrios malabaristas, e pegadas dactilares. |
|||
17/04/2024
- Zalatecno publica o titorial que preparamos para o IES Ramón Menéndez Pidal... |
|||
|
|||