Circulares

COMEZO CURSO ED. INFANTIL 3 ANOS

Estimadas familias dos alumnos e alumnas de 3 anos que comezan no noso centro a súa primeira etapa escolar: comunicámoslles que o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 10:30 da mañá, haberá unha reunión no colexio para informalos do período de adaptación e doutras normas do centro. 

Á citada reunión, por mor das restricións sanitarias, só poderá acudir un membro de cada familia e prégase por favor, que non traian aos nenos e/ou nenas. 

No seguintes enlaces poden consultar os horarios e quendas do período de adaptación, a lista de material e un tríptico con recomendacións sobre a incorporación ao colexio do alumnado de 3 anos:

- PERÍODO DE ADAPTACIÓN

- LISTA DE MATERIAL

- ENTRAMOS NA ESCOLA 

NOVAS INICIO DE CURSO 2021-22

 

MODELO DE ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19:

 

 

Enlace para poder descargar ou imprimir os dous documentos anteriores:

- INFORMACIÓN HORARIOS 

- ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22: COLABORACIÓN FAMILIAS

Na seguinte nota informativa podedes consultar toda a información relativa á colaboración das familias no servizo de comedor escolar o vindeiro curso 2021-22 (data de presentación das solicitudes de colaboración, horario do servizo, quenes poden solicitar dita colaboración...):

No seguinte enlace podedes descargar toda a información:

- COLABORACIÓNS SERVIZO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

 

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022: IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN

Comunicamos a todas as familias que ata o 16 de xullo está aberto o prazo para presentar o impreso de autodeclaración dos prezos públicos e as súas especificacións para todos os que solicitaron facer uso do servizo de comedor escolar no vindeiro curso 2021-22. 

*O impreso presentarase na secretaría do centro de 10:00 a 13:30 horas. 

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a máis información sobre prezos, requisitos...:

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 

CURSO 2021-22

 

CEIP PLURILINGÜE P. ALBINO NÚÑEZ 

Enlaces:

- Impreso de autodeclaración 

- Premendo na imaxe accedes á calculadora que permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar do ano 2020:

 

 

HORARIOS MES XUÑO 2021

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS

HORARIO DA XORNADA ESCOLAR NO MES DE XUÑO DE 2021

 

1. HORARIOS DE REFERENCIA
XORNADA LECTIVA 9:30 h a 14:30 h E. Infantil, 1º e 2º de EP
3º, 4º, 5º e 6º EP
HORARIO COMEDOR 13:15 h a 14:00 h E. Infantil, 1º e 2º de EP
14:30 h a 15:15 h 3º, 4º, 5º e 6º EP

 

2. HORARIOS PARA RECOLLER NO CENTRO O ALUMNADO NON USUARIO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR
E. Infantil, 1º e 2º de EP 14:30 h USUARIOS OU NON DO COMEDOR
3º, 4º, 5º e 6º EP 14:30 h NON USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR
15:30 h USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR

 

POR RAZÓNS ORGANIZATIVAS E DE CONTROL NON SE PODERÁN RECOLLER ALUMNOS/-AS FÓRA DESTE HORARIO

 

3. HORARIO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR
HORARIO MATINAL

 

SERÁ O MESMO QUE ESTÁ ESTABLECIDO EN CADA PARADA DURANTE TODO O CURSO.

HORARIO DE TARDE

(REGRESO AOS DOMICILIOS)

OS AUTOBUSES DE TODAS AS RUTAS SAIRÁN DO CENTRO ÁS 15:30 h (aproximadamente), POLO QUE CHEGARÁN A CADA PARADA  MEDIA HORA ( ½  h) ANTES DO QUE O ESTABAN FACENDO DENDE O MES DE OUTUBRO. 

No seguinte enlace podedes descargar a notificación cos horarios:

- HORARIOS XUÑO 2021

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 2021-22

Do 20 ao 30 de abril está aberto o prazo para presentar a solicitude de servizos complementarios para o vindeiro curso 2021-2022. Podedes solicitar un só dos servizos (comedor ou transporte escolar) ou os dous. De non facer entrega de dita solicitude, enténdese que non solicitades ningún dos servizos. 

Non teñen que facelo o alumnado de 6º de primaria, que se marcha do colexio ao rematar aquí a súa etapa, nin o alumnado que se incorpore por primeira vez ao centro o próximo curso, debido a  que xa o solicita no momento en que formalice a súa matrícula.

Premede na imaxe para descargar o impreso de solicitude. 

 

NOTIFICACIÓN POR POSITIVO

 

 

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS

COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO

O resultado positivo por COVID dun/unha alumno/-a do centro fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena a todos/-as os/as compañeiros/-as e o/a titor/-a da aula á que pertence.

Foron postas en corentena un total de 17 persoas (16 alumnos/-as e o/a titor/-a do grupo). A corentena estará activa dende o día 3 de marzo de 2021 ata o día 13 se ao/á confinado/-a se lle realiza unha PCR e dá resultado negativo, ou ata o día 18 se non son citados para a realización da PCR.

Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade, Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de Adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/21 e así evitar posibles contaxios.

Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo. Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir.

 

COMUNICACIÓN: CORENTENA POR COVID

NOTIFICACIÓN  ÁS FAMILIAS

COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA 

DE ALUMNADO DO CENTRO 

Os resultados positivos por COVID dun/unha  alumno/a do centro e do seu/súa  proxenitor/a fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena os/as compañeiros/as, considerados como contactos estreitos, da aula  á que pertence. No comedor foron confinados algúns compañeiros/as que comparten mesa á hora de xantare co/a alumno/a. Foron postos en corentena un total de 7 alumnos/as. A corentena estará activa dende o día 20 ata o 28 de xaneiro, xa que o último contacto co/a alumno/a positivo/a tivo lugar o día 18 deste mes.

Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade. Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 20/21 e así evitar posibles contaxios. 

Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo.

Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir. 

 

HORARIOS ENSINO NON PRESENCIAL

HORARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO    DO ENSINO A DISTANCIA

 

 

Segundo se especifica no Artigo 3º, punto 4, da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19, fanse públicos nesta páxina web os horarios que rexerán para cada un dos grupos e niveis do centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 - HORARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DO ENSINO A DISTANCIA 

Powered by Drupal - Design by artinet