Circulares

CALENDARIO ESCOLAR 2020-21

No DOG do día 9 de xullo aparece publicado o CALENDARIO ESCOLAR para o vindeiro curso 2020-21. No seguinte enlace podedes ler o texto completo:

CALENDARIO ESCOLAR 2020-21

CADRO RESUMO

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR: IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN CURSO 2020-2021

Comunicamos a todas as familias que xa está aberto o prazo para presentar o impreso de autodeclaración do prezos públicos e as súas especificacións para todos os que solicitaron facer uso do servizo de comedor escolar no vindeiro curso 2020-21. 

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a máis información sobre prazos, requisitos...:

 Enlaces:

- Impreso de autodeclaración 

- Premendo na imaxe accedes á calculadora que permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar do ano 2019:

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR: COLABORADORES CURSO 2020-21

Recordamos: a gratificación por colaborar é de 9,39 € por día de asistencia, pagados unha vez vencido cada trimestre, e tamén o xantar de cada día de realización do servizo.

Para poder colaborar é requisito obrigatorio presentar unha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (Lei 26/2015, de 28 de xullo, de  Modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia).

AVISOS

CUALIFICACIÓNS FINAIS - estas serán publicadas mañá, día 19 de xuño, a partir das 15:00 h. por medio da aplicación Abalar Móbil, onde podedes consultalas. No caso daquelas  familias que non teñen instalada a aplicación Abalar Móbil e non poidan consultar ditas cualificacións, os titores poranse en contacto con estas familias para facilitarllas de forma impresa.  

O profesorado estará a vosa disposición por se queredes facer algunha consulta ou necesitades algunha aclaracíón.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO- dende o día 22 e ata o 26 de xuño teredes que entregar no centro os libros de texto dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º que foron beneficiarios do fondo solidario no curso 2019-2020. 

O horario de entrega será de 9:30 a 13:30 h. 

Recordamos que a non devolución dos libros do fondo levará consigo a exclusión no reparto do citado fondo para o vindeiro curso 2020-21. 

 

SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A UTILIZACIÓN  DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

 

COA FINALIDADE DE PODER ORGANIZAR OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE DITOS SERVIZOS.

 TODO O ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR NO CENTRO ESTA SOLICITUDE.

Prazo de presentación de solicitudes:

DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 29 DE MAIO DE 2020,

ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

  HORARIO DE ATENCIÓN ADMINISTRATIVA: 9:30 h a 14:00 h

No seguinte enlace tedes o modelo de solicitude que tedes que presentar:

-MODELO DE SOLICITUDE SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020/2021

NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS: AVALIACIÓNS 3ª E DE FINAL DO CURSO

Á vista das últimas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o 27 abril, emitimos o seguinte comunicado informativo sobre a avaliación do terceiro trimestre e avaliación final do curso 2019-2020:

 

Podedes consultar o documento anterior, tamén en pdf:

- Comunicado ás familias

Premendo na seguinte imaxe podedes consultar o texto completo das instrucións da Consellería do día 27 de abril:

 

 

NOVAS INSTRUCIÓNS

Publicamos as novas instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2020-2021 e sobre a presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos.

Premede na imaxe para acceder á información:

NOVO COMUNICADO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na súa páxina web unhas ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20, á espera da publicación da normativa estatal correspondente.

Premede no enlace para ler ditas orientacións. Seguiremos esperando que  sexan concretadas definitivamente en próximos comunicados:

 

REINICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Estimadas familias, ante o reinicio da actividade lectiva e dada a situación actual na que nos atopamos, estabamos á espera das instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co inicio do terceiro trimestre do presente curso escolar. Hoxe pola tarde na páxina web da Consellería saiu publicada a seguinte nota que reproducimos: 

Á vista da cal, seguiremos logo con actividades de repaso, á espera das instrucións definitivas que se diten despois da reunión que celebrará, o vindeiro 15 de abril, o Ministerio de Educación coas Comunidades Autónomas.

 ENLACE AO COMUNICADO

TAREFAS ESCOLARES

Ante e a suspensión da actividade lectiva por mor do coronavirus COVID-19, comunicamos a todas as familias que ao longo das vindeiras semanas serán colgadas tarefas e enlaces a distintas páxinas ou actividades  para que os nenos e nenas podan seguir traballando dende as súas casas. Estarán postas no lateral dereito desta páxina no apartado Actividades. 

O profesorado de 5º e 6º de primaria irá facendo tamén as comunicacións a través da aplicación ABALAR MÓBIL. O alumnado de 5º A tamén xa está recibindo as comunicacións sobre as tarefas e actividades a través da plataforma que utilizan habitualmente na aula: EDMODO.

Este é o correo electrónico do centro por se queredes facer calquera consulta:

ceip.albino.nunez@edu.xunta.es 

 

Powered by Drupal - Design by artinet