Skip to Content

Complementarias

8 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 

SEGUIMOS EDUCANDO PARA A IGUALDADE

 

CELEBRANDO O ENTROIDO

 

O venres 18, celebrouse no colexia a Festa do Entroido. Picando nas fotos seguintes pódense ver distintos vídeos con imaxes da xornada.

 

 
 

ENTROIDO 23: XOVES DE COMPADRES

 

O 17 de febreiro, o alumnado de 3º de educación primaria participou na celebración do Xoves de Comadres, organizada polo Concello de Ourense. Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo da actividade.

 

ENTROIDO 23: EXPOSICIÓN DE FIGURAS E MÁSCARAS TRADICIONAIS

Coincidindo co celebración do Entroido montouse na entrada do colexio unha Exposición de Figuras e Máscaras Tradicionais de distintos pobos da provincia de Ourense. Todas as pezas expostas foron creadas por alumnos/as e familias da comunidade educativa. Dignas de ver.

Picando na seguinte imaxe poderase observar unha mostra da mesma.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "BELÉNS DO MUNDO"

En datas  previas ao Nadal, o alumnado de cuarto de educación primaria participou nunha visita á "Exposición de Beléns do Mundo", situada no Pazo Episcopal de Ourense.

Aproveitaron tamén para pasar pola Capela de San Cosme e ver de cerca o Belén de Baltar e para facer unha visita guiada á Catedral de Ourense, onde foron atendidos polo Deán da Catedral, D. José Pérez Dominguez.

Picando na seguinte imaxe pódese ver un video sobre a xornada.

 

 

PROXECTO IGUALDADE DE XÉNERO 2022

Arredor do Día Internacional contra a violencia de Xénero desenvolveuse no centro o PROXECTO IGUALDADE DE XÉNERO, proposto e financiado pola ANPA do centro e coa colaboración do Concello de Ourense. Sesións de Contacontos para tódolos niveis  e un Obradoiro de Ciencia para os maiores completaron o programa.

Picando na imaxe pódese ver un video sobre o desenvolvemento do proxecto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut