Skip to Content

Complementarias

VISITA DO CD OURENSE

O venres, 29 de novembro, estiveron no colexio Javi Hernández e Toni, xogadores do CD Ourense. Contestaron a tódalas curiosidades, e foron moitas, do alumnado do 2º e o 3º ciclos de primaria. Houbo moitísimo interese e entusiasmo, autógrafos, regalo de entradas a un partido para tódolos nenos e nenas do centro, agasallos do club...

Tamén visitaron as clases de 2º de primaria. 

O MAGOSTO

O día 8 de Novembro celebramos o magosto no noso centro,comimos bocadillos de chourizo e castañas asadas, pero como o tempo non nos acompañou, tivemos que pospoñer os xogos populares para o día 12 de novembro.

 

Os nenos e nenas pasárono moi ben xogando a diferentes xogos (a petanca, os bolos, carreira de sacos, a rá , os zancos, os aros, o paracaídas, carreira de relevos, etc...), todos eles adaptados as diferentes idades.

 

Se queres ver máis fotos preme neste enlace á galería de imaxes, onde se atopan todas as fotos.

FESTIVAL DE PRIMARIA: LETRAS GALEGAS 2013

OS NENOS DE PRIMARIA FESTEXAN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2013 ADICADAS Ó ESCRITOR ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

SE QUERES VER OS VIDEOS DAS ACTUACIÓNS PREME AQUÍ: PRESENTACIÓN, ROBERTO VIDAL BOLAÑO, 2º DE PRIMARIA(CANS, GATOS E RATOS), 1º DE PRIMARIA(CANCIÓNS: A MARGARIDA BLANCA E CUCÚ), 4º DE PRIMARIA( MARIO DAS GALIÑAS E A XIRALDA), 3ºB DE PRIMARIA(O AMERICANO), 6º DE PRIMARIA (CANCIÓN: SEMENTAR SEMENTAREI, FLAUTA), 3ºA DE PRIMARIA(POEMAS PARA ROSALÍA: TODOS SE VAN)  E 5º DE PRIMARIA(COPLAS)

CONTACONTOS

O día 2 de abril visitounos Sabela Gago, que lles contou un conto aos alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo. 

A actividade resultou moi agradable e os nenos e nenas participaron activamente nesta proposta educativa promovida pola editorial SANTILLANA.

Se queres ver as fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo para celebrar o día da árbore os neos e nenas do segundo ciclo foron o parque de ANGELITA PARADELA a plantar uns rosais, co colaboración do concello de Ourense. Asistiron as concelleiras de educación Ana Garrido e medio ambiente Susana Bayo.

Os alumnos e alumnas leron uns poemas a o son de música en directo.

Todos os alumnos e alumnas recibiron unha planta de agasallo, por cortesía do concello.

Se queres ver mais fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

O ENTROIDO

O día 8 de febreiro celebramos o entroido no noso centro. Os nenos e nenas de infantil disfrazaronse de corazóns, e os alumnos e alumnas de 2º B fixeron unha comparsa de froitas e verduras. 

Todos desfilaron polo patio, e os rapaces e rapazas de 5º de primaria presentaron os seus disfraces cunhas estrofas moi simpáticas.

Por último, entregaronse uns diplomas aos disfraces mais orixinales e elaborados de cada clase.

Se queres ver aos gañadores, e mais fotos da nosa festa, preme neste enlace á galería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut