PUBLICADO O NOVO NÚMERO DA REVISTA A PRAVIA

 

 

 

clica nesta ligazón para ver a revista na nosa biblioteca virtual on-line máis grande a toda cor ou descargala

Nestes días o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, e que fai o número 62. 

Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que inclúe pasatempos e cómic sobre a súa figura; unha entrevista a Alejandra Vázquez Noche, presidenta da Banda de Música; unha ampla reseña do XV Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de APA; un traballo de investigación; o homenaxe a dous mestres do Cole que se xubilan: Tino Fernández, director e titor de 5º, e Inés Lagüela, titora de 6º; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción e que leva por título “Que lindo é ler!”, e un recordo especial para David Noche, alumno de 4º deste Centro que nos deixou para sempre no mes de marzo.

A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” DE VILALBA