ORIENTACIÓN

RECUNCHO DA MEMORIA

Recuncho da Memoria CEIP Antonio Insua Bermúdez vilalba orientación Contratos programa

Estimados nenos e nenas;  o recuncho na memoria é unha caixa de correo onde cada un de vós podedes deixar as mensaxes que queirades contar (alegrías, recordos, preocupacións...).

 

 

Atoparédelo na porta do departamento de orientación.

 

O nome e a decoración do noso recuncho foi grazas á colaboración dos nenos e nenas de 6°C. Grazas a LAURA, NOA, XOEL, MIGUEL, ÁFRICA, DIANA, PAULA, IRIA, DANIELLA,ANÁS, KIKE, SOFÍA, YAGO, SAÚL, ICÍA, LUCAS e SAÚL.

 

Este curso inauguramos a nosa caixa de correo, un espazo onde podedes compartir todo o que queirades. Eu intentarei axudarvos en todo o que presisedes.

 

Grazas!!

Sonia.

MERENDAS +SAUDABLES NOS RECREOS

Este ano puxemos en marcha o Proxecto AS NOSAS MERENDAS SAUDABLES ideado polo Departamento de Orientación co apoio do Equipo de EF e das Titorías co Obxectivo de  mellorar a nosa saúde. Nos derradeiros anos vimos notando a presencia cada vez maior de produtos ultraprocesados cunha grande cantidade de azucre e graxas saturadas con baixo valor nutricional. Desta observación xurde a proposta de ampliar o horario de merendas que se empregaba en Infantil á Etapa de Primaria. 

Merendas +SAUDABLES CEIP Antonio Insua Bermudez PVDS PROXECTA 21-22

A estas alturas do curso é habitual e é normal atopar moitísima froita, bocadillos e merendas moito máis saudables. Os mestres tamén tratamos de dar exemplo e os descansos na sala de mestres están acompañadas de caixas de froitas. Parabéns a toda a comunidade por esta iniciativa que redundará no logro dun maior grado de benestar físico, mental e social.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA DIVERSIDADE

O Departamento de Orientación conmemora o 3 de decembro, Día da Diversidade, cantando "Convivindo" do disco "As que mais molan" do grupo galego María Fumaça, editado e publicado pola editorial Galaxia en 2017. Agradecemos a participación e implicación do alumnado e comunidade educativa dos seguintes centros:

  • EEI Vilalba.
  • CEIP Antonio Insua Bermúdez.
  • CEIP Manuel Mato Vizoso.
  • Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá.
  • CEIP Monseivane.
  • CEIP Terra Chá.

Contamos coa colaboración especial de Bárbara Cerviño Expósito na Tradución e interpretación á LSE.

Agradecemos tamén a colaboración dos Equipos de Biblioteca, de Normalización e de Novas Tecnoloxías. Grazas a todas e a todos!

CartazDia Discapacidade Insua Bermúdez  3 dec 2021

 

MERENDAS SAUDABLES NO INSUA BERMÚDEZ; Merenda ben !!!

Estimadas familias,

Dende as titorías do centro e en colaboración co departamento de orientación  cremos necesario favorecer no noso alumnado hábitos axeitados de alimentación, potenciando o consumo de alimentos saudables.

Para iso establecemos un menú de merendas nos recreos que será distinto cada día da semana, procurando que sexa variado, equilibrado e saudable.

Este plan de merendas vai dirixido a todos os nenos e nenas do centro ( tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria) e precisamos da vosa colaboración para levalo a cabo.

A proposta de menú sería o seguinte:

Merendas saudables Insua Bermudez-Plan Proxecta_Contratos_Programa

 

Descargade o Plan de Merendas para o recreo válido para infantil e Primaria, Imprimídeo e que os rapaces da casa o coloreen, despois pegádeo na cociña nun lugar visible.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE NO INSUA BERMÚDEZ

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E DIA DA DISCAPACIDADE

 

3 dec Cartaz Día Discapacidade Insua Bermúdez 2018

 

RECREOS ACTIVOS NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

No Insua Bermúdez andamos comprometidos e concienciados coa SAÚDE e a idea da OMS de conseguir ou tentar conseguir ter alumnado activo, o que por definición da propia OMS( persoas que teñen 1 hora diaria de actividade física). Levamos anos traballando e colaborando no marco do Proxecto Deportivo de centro, Da programación Xeral Anual ... e colaborando coa ANPA, Concello, Secretaría Provincial de Deportes, Clubes locais para conseguir un alumnado máis activo e menos sedentario polas implicacións de saúde que conleva ser pouco activo.

Neste curso Volvemos a ter dispoñibles as mesas de Tenis de Mesa no recreo, organizamos unha liga de Datchball a convivir coas ligas de baloncesto e fútbol sala tradicionais, Implantamos o Quilómetro saudable e traballaremos cos caixóns de material para tratar de que os recreos sexan o máis dinámicos posibles.

O profesorado de E.F. tamén ven de facer formación do PROXECTO DAFIS, en Santiago de Compostela para participar e beneficiarse de recursos de avaliación e software de tratamento de datos cos que avaliar a Condición Física Saudable do alumnado. lonxe de convertirse nun obxecto de penalización, ofrece a posibilidade de coñecer a realidade da Condición física saudable do noso centro e a evolución persoal, do Concello ou da Galicia ao longo do tempo. Permitiranos coñecer ao instante en que nivel nos atopamos ao comparalo con nós mesmos, co resto de alumnado do noso concello e co resto de poboación de Galicia. 

Solicitaremos ao Ministerio de Educación a Concesión do Selo de Calidade de Centro Saudable este curso, antes do 28 de febreiro e en breve optaremos a un selo de calidade de centro saudable de Galicia que levará asociados recursos económicos para traballar no centro.

Achéganse algunhas imaxes ilustrativas. 

Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro)

O video do Proxecto Equaliter coordinado polo CEIP de Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín onde colaboraron numerosos centros de Lugo e da Terra Chá. Máis de 30 centros educativos elaboramos murais co paxaro de twiter onde colgábamos os nosos tuits

Cada centro enviou dúas imaxes representativas e xurdiu este fermoso video de concienciación. Parabéns compañeiras e compañeiros docentes, discentes...

A violencia de xénero é unha das máis devastadoras violacións dos dereitos humanos. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.

A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas levan, como sinalou o Secretario Xeral,  António  Guterres, ao informar acerca da situación do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 5, referido á igualdade da muller, no marco do informe sobre os Progresos da Axenda 2030.

Algúns datos inadmisibles para tomar conciencia do alcance deste feito: a violencia contra a muller é a forma máis extrema de discriminación e, nos casos máis graves, esa violencia pode provocar a morte. Segundo datos do citado informe, referidos a 87 países e colleitados entre 2005 e 2016, o 19% das mulleres de entre 15 e 49 anos de idade dixeron que experimentaran violencia física ou sexual, ou ambas, a mans da súa parella nos 12 meses anteriores a ser preguntadas sobre este asunto. En 2012, case a metade das mulleres vítimas dun homicidio  intencional en todo o mundo foron asasinadas pola súa parella ou un familiar, en comparación co 6% dos homes.

Outro caso extremo de violencia é a ablación. Desde o ano 2000, a práctica tradicional nociva da  mutilación feminina diminuíu nun 24%. Con todo, a prevalencia segue sendo elevada nalgúns dos 30 países que dispoñen de datos representativos, e nos que, segundo datos de enquisas realizadas ao redor de 2015, máis de 1 de cada 3 nenas de idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos sufriran esa práctica, en comparación con case 1 de cada 2 nenas ao redor de 2000.

Ademais, apenas a metade das mulleres de entre 15 e 49 anos (un 52%) que están casadas ou viven en parella toman as súas propias decisións en materia de relacións sexuais consentidas, usan anticonceptivos e acoden aos servizos de saúde. Esa estatística baséase en datos dispoñibles ao redor de 2012 sobre 45 países, 43 deles de rexións en desenvolvemento.

Así mesmo, a violencia contra a muller se  exacerba nos conflitos armados. En cambio, a igualdade de xénero axuda a evitar conflitos, a pesar do cal as medidas en  pos dunha maior inclusión, liderado e protección das mulleres nas tarefas da consolidación da paz seguen sendo insuficientes e, nalgúns lugares, mesmo se produciron retrocesos neste sentido, segundo un recente artigo de  Onu-Mulleres, a axencia das Nacións Unidas defensora de mulleres e nenas.

Tomado e traducido directamente de http://www.un.org/es/events/endviolenceday/.

Cartaz 25 nov NON VIOLENCIA INSUA BERMUDEZ VILALBA ENDL ORIENTACIÓN

Cartaz deseñado polo equipo ENDL e TIC do cole

 

INAUGURACIÓN DO MERCADO NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

CONTO CON PICTOGRAMAS O BOSQUE PREPARA O ENTROIDO POR SAMUEL

Distribuir contido