Actividades animación á lectura

A FIANDEIRA NOELA : " O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN ARTESANAL DA LA"

Montaje creado Bloggif

Recentemente, Noela, artesana e especialista no tema, visitou o noso cole e ensinounos de xeito práctico tódolos pasos que se seguen no proceso de transformacion da la ata elaborar finalmente un tecido. Todo o alumnado de primaria asistiu en varias sesións , moi didácticas, ás ensinanzas de Noela; ensinounos a cardar a la, a fiar co fuso a la cardada e puidemos axudar a tecer un anaquiño de tecido nun tear artesán. 

Canto traballiño facían as nosas avóas !. Fermosa actividade para dar a coñecer os oficios artesáns da nosa cultura galega.

Noela é unha gran profesional que traballa con diferentes técnicas e produtos, ten tenda en Vilalba e páxina web se vos apetece aprender máis máis ou saber do seu traballo. http://sramaria.com/

Clica na ligazón para acceder ao album do evento..

 

IV CATA DE DOCES CON FROITAS E FROITOS DO OUTONO (MAGOSTO 2015)

Montaje creado Bloggif

Velaquí comentamos a celebración dunha nova edición da IV edición da Cata de Doces, rebautizada como IV Cata de Doces con Froitas e Froitos do Outono. Participaron unha centena de familias, o que supón 1/3 da matrícula.  Agradecemos a participación e implicación de tódolas familias participantes.

Tivemos varias novidades a maiores do cambio de nome da Cata, creouse unha zona específica para celíacos con doces sen gluten, co obxecto de darlles presenza, limitamos a participación dos irmáns cun doce por familia para non sobrecargar ás mesmas con traballo extra, solicitamos as receitas por correo electrónico, para ter os datos dixitalizados e facer posible a edición sinxela do libro da IV Cata.

Tivemos moita oferta, ingredientes diversos, e sabores tan diferentes como a variedade de ingredientes e formatos: galletas, biscoitos, tartas, cañas, piruletas, magdalenas, trufas... 

Unha reporteira do xornal El Progreso visitounos para editar a nova na edición do sábado 21 de novembro de 2015.

En breve farase a entrega dos recoñecementos pola colaboración ao alumnado participante nun acto en horario lectivo do que daremos boa conta aquí, na rede. Prestade atención ás novas! Mentras agardades podedes ver as sobremesas que elaboramos no CEIP Antonio Insua Bermúdez. Guiño

 

Clica na ligazón para acceder á galeria de imaxes da IV Cata de Froitas e Froitos do Outono.

IV CATA DE DOCES CON FROITAS E FROITOS DO OUTONO


Se premes na receita podes descargar o modelo de receita.

Mandao por correo electrónico a ceip.antonio.insua@edu.xunta.es

e imprime unha copia para entregala co doce que elabores.

 

 

Modelo de cartela para poñer ao carón do teu doce na Cata.

MAGOSTO 2015: A FESTA TRADICIONAL DA CASTAÑA AO MODO TRADICIONAL

Montaje creado Bloggif

 

O venres 6 de novembro celebramos o Magosto 2015. Os mestres disfrazámonos de castañeiros e castañeiras para lembrar o oficio e preparar o noso Magosto ao estilo tradicional. Asámolas castañas e comémolas no recreo. Que ricas estaban!

 Preme na ligazón para ir á galeria de imaxes do evento.

MAGOSTO 2015; A FESTA TRADICIONAL DA CASTAÑA

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

 

O xoves 29 celebramos a Festa tradicional celta do cambio de estación cunha exposición de cabazas e con disfraces terroríficos. Mestes e alumnado chegaron ás aulas de bruxas, esqueletes e pantasmas. Durante os tres días anteriores o alumnado trouxo as súas creacións para organizar unha fermosa exposición na entrada do cole. O colexio transformou o seu aspecto habitual por paredes cheas de teas de araña e arañas de diferentes especies e tamaños, esqueletes, cráneos, morcegos, bruxas, pantasmas e demaís elementos terroríficos.   

Preme na ligazón para ir á galería de imaxes do evento

CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS DE VILALBA

 

O próximo domingo 17 de maio de 2015 celebrarase unha nova edición da carreira popular das Letras Galegas.

Os menores teñen inscrición GRATUÍTA

Achegamos o enlace para facer a inscrición vía web  tamén se pode facer na oficina de deportes do concello. O prazo para os menores remata o 12 de maio.

CATEGORÍAS DE MENORES:

Cat +5 = Nacidos entre: 2010-2009 (ambos inclusive)
Cat +7 = Nacidos entre: 2008-2006 (ambos inclusive)
Cat +10 = Nacidos entre: 2005-2003 (ambos inclusive)
Cat +13 = Nacidos entre: 2002-1999 (ambos inclusive)

Haberá agasallos que se sortearán entre tódolos participantes. e HINCHABLES para que os máis pequenos xoguen logo da carreira.

CATEGORÍAS DE MAIORES:

- Inscrición no CIRCUITO DE ADULTOS a través de championchipnorte.com, importe de 3€ ata o 11 de maio e 5€ do 12 ao 14 de maio >>> Inscribirse adultos.

 

Montaje creado Bloggif

BO NADAL E BO ANO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Postal nadal 2014 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA

III Cata de Doce de Outono

Montaje creado Bloggif

 

En datas recentes os equipos de Normalización Lingüística e Extraescolares vimos de organizar unha nova edición da nosa Cata de Doces de Outono.

As familias e o alumnado colaboraron animadamente axudando a elaborar os postres, escribindo as receitas e finalmente degustando as creacións culinarias e explorando as posibilidades gustativas, combinativas e plasticas  das castañas.

A participación supera ano a ano as expectativas, este ano superou nunha decena de postres á convocatoria anterior, uns 110 doces de tódalas tipoloxias: flans, biscoitos, cremas, bombóns e a creatividade artística non queda atrás.

Coas receitas recollidas e as imaxes destes produtos culinarios andamos aínda a rematar a edición do II volume da edición pasada e cando rematemos comezaremos a III edición do libro que recolle tódalas recetas desta edición. O resultado poñerémolo á disposición de tódolas persoas que desexen consultalo e descargalo en formato pdf na web do cole.

Agradecese a colaboración das familias.

Podedes ver a nova no xornal EL PROGRESO 5 de novembro de 2014.

 

Clica nesta ligazón para acceder á galería de imaxes da III Cata de Doces do Outono 

 

MAGOSTO 2014: III CATA DE DOCES DE OUTONO

 

                      
 

Descargar os documentos que se precisen en adxuntos. Abaixo á dereita.

Distribuir contido