Actividades animación á lectura

XXIII Certame Banjamín Paz e David Díaz do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba

Cartaz Certame Benjamin Paz Insua Bermúdez 21-22 EDLG Biblioinsua Leolandra david díaz

 

  BASES DO XXIII CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.-
Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.

 

SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime convinte en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́ libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba

 

SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 15 HORAS DO DÍA 20 DE MAIO DE 2022.

 

SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:

MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

1º e 2º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

3º e 4º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

5º e 6º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

 

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.

Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

 

OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.-
O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de  xuño.

Formación PROFESORADO: Actualización manexo DESA e RCP.

Conmemoración do Día da Paz 2022 no CEIP Antonio Insua Bermúdez

CartazDiaDaPaz2022InsuaBermudezComunidadeEducativa

No CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba conmemoramos o Día Internacional da Paz e non Violencia con varias actividades artelladas coa coordinación de varias equipas: extraescolares, EDLG, Biblioteca, Novas Tecnoloxías...
- Aprendemos e cantamos a Canción do Sonoro Maxín "Quérote máis"
- Construímos e decoramos o deseño dun papaventos da Paz en coordinación cos centros da nosa contorna; CEIP Mato Vizoso e EEI Vilalba.
- Seleccionamos libros coa temática da conmemoración dende a Biblioteca.
- Nas titorías traballamos diferentes actividades relacionadas coa conmemoración.
- Creamos unha pluma que decoramos individual e artisticamente para construír as ás da liberdade, as ás que nos permitirán voar a novas realidades, a novas diversidades, que nos deixará explorar diferentes realidades sociais, diferentes culturas, diferentes ideoloxías para sermos máis completos, comprensivos e mellores persoas.
- Organizamos unha megasesión fotográfica para coas fotografías coas ás construír peciñas para crear un mosaico baseado na Imaxe do Cartaz do Día da Paz 21-22.
Se premedes abaixo no enlace da Web Podedes acceder ao Cartaz da Conmemoración realizados coas imaxes de tódolos integrantes da comunidade do Insua Bermúdez ; alumnado, conserxería, cociña. limpeza e profesorado. A ver se sodes quen de atoparvos. Mosaico creado coa aplicación Photo-Mosaik-Edda.

 

 Descargar imaxe 19250 x 10718 pixels 54 megas

Descargar imaxe 27225 x 15180 100megas

MAGOSTO TRADICIONAL INSUA BERMUDEZ CURSO 2021

 

O vindeiro venres 5 de novembro celebraremos o Tradicional Magosto do noso cole, para podelo levar a cabo pedimos a vosa colaboración para que cada alumno/a traia unha PRESA DE CASTAÑAS ADENTADAS, antes do venres.

O venres poderemos vir caracterizados de castañeiros e castañeiras e na merenda poderemos degustar uns boliños preñados (proporcionados polo cole) e as castañas asadas.

A Agrupación XOTRAMU achegaranos aos XOGOS POPULARES e TRADICIONAIS GALEGOS.

 Cartaz_Magosto21_InsuaBermudez_PVAD_ProxectaEDLG_BiblioInsua

XOGOS POPULARES PVAD PROXECTA INSUA BERMUDEZ 21-22

 

Clica na Imaxe para acceder á Galería de Imaxes do Evento

 

 

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

No Insua Bermúdez traballamos o tema do Feminismo coma igualdade entre homes e mulleres, visionamos diferentes documentais que trataban o tema, adecuados a cada nivel, e reflexionamos sobre as ideas máis representativas do tema.  Elaboramos un mosaico con tódolos integrantes da comunidade educativa; alumnado, profesorado e personal non docentes, para conmemorar este día 8 de marzo en honor da Muller Traballadora.

CartazMosaico_8_marzo_día_da_Muller_Traballadora_Insua_Bermúdez

Creamos un cartaz cun lema votado entre as diferentes propostas de tódolos cursos para crear o cartaz conmemorativo.

Na galería de imaxes deixámosvos outras mostras de lemas e as imaxes de tódolos participantes nesta actividade.

Clica para acceder á GALERÍA DE IMAXES do 8 de marzo

 Descarga o arquivo do cartaz mosaico coas fotos de tódolos integrantes da comunidade educativa.

 

 

 

 

O INSUA BERMÚDEZ GAÑA O CONCURSO DE REDACCIÓN PREMIOS MURALLA

Ebtrega Premio Redacción premios Muralla 2020 fonte Progreso

O alumnado de cuarto curso do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba ven de acadar o Premio Muralla de Redacción da Edición 20-21. 

Un total de 1.042 debuxos,  74 redaccións presentáronse a este certame. Os gañadores individuais: Lucía Zamora e Martín Sánchez, lévanse unha viaxe a París para tres persoas e 500 euros, e os seus titores, unha cámara de fotos.

Os finalistas en DEBUXO foron: Mateo Castro-Gil, Karol Perdiguero, Pablo Ramos, Fernando Alexander León y Noa Piñeiro; e  en REDACCIÓN: Aroa Fernández, Adriana Rodríguez, Mara Molezún, Jimena Vázquez y Silvia Díaz.

Resultaron premiados os colexios Salesianos, de Lugo, en DEBUXO, e o noso CEIP Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba, en redacción.

Moitos parabéns ao alumnado de cuarto curso e as súas titoras.

Deixámosvos varios links da nova publicada no Progreso

link fallo xurado e Nova no Xornal El Progreso

  • https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/creatividad-prueba-coronavirus/202011121031331469461.html

Link da nova no xornal El  Progreso

  • https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/entregados-premios-muralla-edicion-donde-pandemia-tambien-fue-protagonista/202012121115221475081.html

link album de fotos no xornal El Progreso

  • https://www.elprogreso.es/album/lugo/premios-muralla/202012121145531475097.html

 

 

 

Día do Libro

 

Feliz día do libro!!!!

Non íamos deixar pasar este día sen celebralo todos xuntos e xuntas, aínda que sexa telemáticamente.

Deixamosvos nas imaxes o enlace a tres video-contos para pasar un bo ratiño.

          

 

Un biquiño ben grande,

Equipo de biblioteca.

 

UN ENTROIDO 2020 DE OFICIOS TRADICIONAIS NO INSUA BERMÚDEZ

 

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

ENTROIDO EDLG INSUA BERMUDEZ OFICIOS TRADICIONAIS CARNAVAL 2020 VILALBA LUGO

PODES VER A GALERÍA DE IMAXES DO ALUMNADO AUTORIZADO NESTE ENLACE DA CÁMARA

Cartaz-Entroido-20-InsuaBermudez

 

 

OrdesMecoEntroido20InsuaBermudezEDLG-Biblioteca

 

VIDEOTITORIAL DOS CESTEIROS E CESTEIRAS DE 1º DE PRIMARIA

 

 

VIDEOTITORIAL GAITEIROS 2º DE PRIMARIA

CELEBRAMOS CON POESÍA O ... QUÉROTE!

CartazNamorados InsuaBermudez14febrero20

NO DÍA DOS NAMORADOS, QUÉROTE!

Distribuir contido