Actividades animación á lectura

ANDAINA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA CAMIÑO DE SANTIAGO

Animación Gif Andaina Solidaria a Favor  colaboración contra a Leucemia Infantil

Estimadas familias o próximo mércores 14 de xuño do 23 o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba realizará a tradicional Andaina do Camiño de Santiago entre os puntos de Rañego ata a Área Recreativa da Madalena.

Aproveitando esta tradición faremos que coincida coa actividade Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil. Os nenos levarán para a súa casa unha folla con información e un recortable de sobre para facer una pequeña donación a prol desta causa sempre que se desexe ou se poida. Esta asociación busca recaudación de fondos para investigación en favor da Leucemia Infantil e desde o centro pareceunos unha fermosa causa coa que colaborar.

Tódolos nenos que realicen a Andaina Solidaria recibirán de premio unha medalla elaborada cunha impresora 3D polo equipo de EF/TICS do centro, sufragado polo centro, tamén se lles fará entrega dun diploma acreditativo da súa participación. Nas súas mochilas mandouselles un folleto informativo con código QR para que poidades ter máis detalles sobre a mesma, esta folla convírtese nun sobre recortable para que poidades facer entrega da vosa colaboración totalmente voluntaria sempre que así o desexedes ou poidades e entregádelle o sobre pechado ao titor ou titora do grupo clase. Posteriormente farase a transferencia bancaria á entidade organizativa.

O día da Andaina lembrade levar:

  • Roupa e zapato cómodo.
  • Crema solar  posta desde a casa.
  • Mochila pequena coa merenda e a auga.
  • As gorras ponas o cole.

Se a alguén lle falta a autorización asinada que se lembre de traela, do contrario non poderá saír do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración desinteresada e altruísta.

Dorsal e Diploma da Andaina Solidaria contra a Leucemia Infantil

XXIV CERTAME LITERARIO BENJAMIN PAZ E CERTAME DE DEBUXO DAID DÍAZ. (CEIIP Antonio Insua Bermúdez)

Convocatoria da vixésimo cuarta convocatoria do certame literario Benjamín Paz e Certame de Debuxo David Díaz. 

Presentamos por unha banda o Cartaz  desta edición, inspirado no Proxecto de Centro dos Pintores e por outra banda as bases do Concurso que presenta algunha pequena modificación respecto a anos anteriores.

 

CARTAZ TEMÁTICO DA XXIV EDICIÓN 

 Cartaz_Animado_XXIV_Certame_Benjamin_Paz_Davis_Díaz

BASES DA CONVOCATORIA:  

 BASES DO XXIV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.- Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.

 

SEGUNDA.- Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.- Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme ánormativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE áque concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.- Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.- Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n, 27800 Vilalba

 

SEXTA.- O prazo de admisión de traballos remataráás 15 HORAS DO DÍA 19 DE MAIO DE 2023.

 

SÉTIMA.- O Certame estará dotado cos seguintes premios:

1. MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

    • 1º e 2º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 3º e 4º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
    • 5º e 6º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

2. MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)

    • Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
    • Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

3. MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.

 

OITAVA.- O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.- O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.- O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.

Conmemoración Día da Paz 2023 CEIP Antonio Insua Bermúdez

VIDEOTITORIAL Disfrace Pintor/a Alumnado de Educación Infantil Antroido 22-23

COREOGRAFÍA Educación Física

 

Festival Panxoliñas Nadal 22 no CEIP Antonio Insua Bermúdez

 

 https://youtu.be/38OQb5arGFg

Galegueando con Galegría; hoxes ou mañás?

Presentación Florencio Delgado Gurriarán Insua Bermúdez

Cartaz Equipo Dinamización Lingúística Insua Bermudez Biblioteca

Presentación Florencio Delgado Gurriarán Insua Bermúdez EDLG Biblioteca 2022 

 

XII Carreira Letras Galegas 2022

XII Cartaz Letras Galegas Vilalba 2022

Imaxes XII CARREIRA LETRAS GALEGAS PVAD PROXECTA  CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ 21-22

Clica para ir á Galería de Imaxes 

O Concello de Vilalba presenta a XII Carreira das Letras Galegas, que se celebrará o próximo venres 20 de maio no pista de atletismo do estadio da Madalena a partir das 10:30.

O Concello de Vilalba busca con esta proba fomentar uns hábitos de vida saudables entre a poboación máis nova do municipio, á vez que se conmemora unha data moi significativa para a lingua galega.

As inscricións, de balde para todas as categorías, abriranse o próximo 25 de abril e pecharanse o día 5 maio no centro. Será posible inscribirse na web ww.championchipnorte.com, no centro CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ  inscribirémonos a través dos docentes de Educación Física dos centros educativos (ou no seu caso, no titor/a da aula). Os docentes contarán cunha folla de rexistro para cubrir todos os datos dos participantes o día 5.

As categorías serán mixtas e distribuiranse en función do ano de nacemento: pitufos, 2018-2017; Chupete, 2016; Prebenxamíns, 2015-2014; Benxamín, 2013-2012; Alevín, 2011-2010; Infantil, 2009-2008; Cadete, 2007-2006.

 CATEGORÍA IDADE  DISTANCIA CURSO
PITUFO 2018-2017 60 metros 3 anos-4 anos
CHUPETE 2016 80 metros 5 anos
PREBENXAMÍN 2015-2014 200 metros 1º e 2º Primaria
BENXAMÍN 2013-2012 500 metros 3º e 4º Primaria
ALEVÍN 2011-2010 700 metros 5º e 6º Primaria
INFANTIL 2009-2008 1000 metros 1º e 2º ESO
CADETE 2007-2006 1400 metros 3º e 4º ESO

 

Os participantes recibirán unha auga e unha peza de froita, polo que se deben de indicar as intolerancias no momento da inscrición, tamén se realizará unha entrega de medallas. Cada centro educativo disporá do seu propio espazo no estadio, coa fin de agrupar ao alumnado facilmente.

Os pais, nais ou titores/as legais dos participantes deberán de cubrir a correspondente declaración responsable para autorizar ao neno/a a participar.

Fonte: páxina web do Concello de Vilalba. 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO INSUA BERMÚDEZ CON LEOLANDRA

Cartaz Dia Libro Biblioteca Insua Bermúdez Leolandra

Distribuir contido